Carballo convértese no epicentro da danza contemporánea en Galicia coa celebración dos 24 anos de Primavera enDanza

O ciclo Primavera enDanza regresa ao Pazo da Cultura de Carballo do 17 ao 30 de abril cunha nova edición que reafirma a súa posición como unha das citas culturais máis destacadas da danza contemporánea en Galicia. Con 24 anos de traxectoria, este programa impulsado pola Concellaría de Cultura do Concello de Carballo continúa apostando […]
Carballo impulsa novos investimentos industriais e reforza o seu apoio ao tecido empresarial no polígono de Bértoa

A Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo, presidida polo alcalde, Daniel Pérez López, mantivo esta mañá unha sesión ordinaria na que se adoptaron acordos relacionados co dinamismo económico, o urbanismo e o deporte no municipio. O goberno local reafirmou o seu compromiso co crecemento industrial de Carballo mediante a concesión dunha licenza de […]
Carballo abre o novo parque infantil do Chorís, coa réplica do depósito de auga como gran icona

O Concello de Carballo deu hoxe un paso definitivo na súa estratexia de espazos públicos para a infancia coa apertura do novo Parque do Chorís. Situado nunha zona na que conflúen os usos residencial, educativo e deportivo, este novo espazo non é só unha área de xogo, senón unha homenaxe á arquitectura e á identidade […]
Carballo converterase nun gran parque de xogos para a infancia este venres 20 de marzo

Carballo prepárase para vivir un día cheo de maxia, xogo e descubrimento coa xornada “Carballo para a infancia”, que se celebrará o venres 20 de marzo, aproveitando que é día non lectivo na práctica totalidade dos colexios. Esta proposta está deseñada para que a cativada e as súas familias gocen dunha experiencia única que conecta […]
A Concellaría de Innovación impulsa a formación dixital con novos cursos gratuítos para maiores de 18 anos na Aula CeMIT

O Concello de Carballo, en colaboración con CiberVoluntarios e o programa YoConecto.org, anuncia unha nova programación de cursos presenciais gratuítos destinados a pechar a fenda dixital e mellorar as habilidades tecnolóxicas da cidadanía. Estas formacións, dirixidas a persoas maiores de 18 anos, inclúen certificación oficial. Os cursos levaranse a cabo na Aula CeMIT (Pazo da […]
A Concellaría de Igualdade impulsa ‘Camiñando Xuntas’, un programa de encontro e empoderamento para mulleres

O Concello de Carballo reafirma o seu compromiso coa igualdade e o benestar social co lanzamento de Camiñando Xuntas, unha nova campaña de divulgación e acompañamento dirixida a mulleres. O programa, impulsado pola Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, nace co obxectivo de crear unha rede de apoio e un espazo de encontro presencial onde […]