O mercado municipal premia a fidelidade da súa clientela co sorteo de 10 carriños da compra polo Día das Persoas Consumidoras

O mercado municipal de Carballo segue a consolidarse como o referente do comercio de proximidade na comarca. Co gallo do Día Mundial das Persoas Consumidoras, que se celebra o 15 de marzo, a praza de abastos acolleu hoxe o sorteo de dez carriños da compra, unha iniciativa deseñada para incentivar o consumo responsable e agradecer […]
Aberto o prazo de matrícula para o curso escolar 2026-27, no que se incorporarán ás aulas os 205 nenos e nenas nados en Carballo no ano 2023

O proceso de admisión escolar para o curso 2026-2027 xa está en marcha. As familias teñen de prazo ata o 20 de marzo para solicitar praza nos centros educativos para o alumnado que se incorpora por primeira vez ao sistema educativo, na etapa de educación infantil de 3 anos. No caso de Carballo, o proceso […]
A Biblioteca Rego da Balsa inaugurará o día 26 o Espazo Xoán Manuel López Eirís, un novo faro de coñecemento dedicado á arte teatral

A Biblioteca Municipal Rego da Balsa de Carballo dá un paso definitivo na posta en valor do patrimonio cultural local coa inauguración do Espazo Xoán Manuel López Eirís. Este novo recuncho, que se abrirá oficialmente o vindeiro 26 de marzo ás 19.00 horas, nace para albergar e difundir o legado bibliográfico doado polo recoñecido escenógrafo […]
Carballo convértese este 19 de marzo no epicentro da ximnasia rítmica coa I Fase da Liga Provincial da Coruña

Carballo prepárase para acoller unha nova cita destacada do calendario deportivo provincial: a I Fase da Liga Provincial da Coruña de Ximnasia Rítmica. O evento, que se celebrará este xoves 19 de marzo no Pavillón Vila de Noia, reunirá a deportistas de toda a provincia nas modalidades individual e conxuntos. A competición, organizada pola Federación […]
Carballo consegue 350.000 euros da Unión Europea para impulsar a divulgación científica co proxecto “Talento Quilómetro Cero”

O Concello de Carballo acada financiamento europeo para desenvolver o proxecto “Talento Quilómetro Cero (TALK0)”, unha iniciativa de divulgación científica que contará con arredor de 350.000 euros e que situará ao municipio como referente na conexión entre ciencia, empresa e sociedade. O proxecto foi seleccionado no marco do programa europeo vinculado ás accións Marie Skłodowska-Curie, […]
Carballo reivindica a Alfredo Brañas cunha exposición no Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura acolle desde este xoves a exposición Alfredo Brañas Menéndez. XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento, unha mostra que revisa a figura do intelectual carballés e a súa influencia no pensamento político, cultural e xurídico da Galicia de finais do século XIX. O acto de inauguración contou coa participación do alcalde de […]