Daniel Pérez inaugurou a Feira de Emprego da Cámara da Coruña, na que 29 empresas ofreceron 120 oportunidades laborais

O Fórum Carballo acolleu este xoves a XIX Feira de Emprego Talento Xove da Cámara de Comercio da Coruña, na que participaron arredor de 200 mozos e mozas, que tiveron a oportunidade de contactar con 29 empresas con máis de 120 procesos de selección abertos. O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, participou no acto de […]
A Real Academia Galega e o Concello de Carballo asinan un convenio para a elaboración do mapa sociolingüístico escolar municipal

A Real Academia Galega e o Concello de Carballo asinaron hoxe o convenio de colaboración para a realización do mapa sociolingüístico escolar do municipio. O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, e o alcalde carballés, Daniel Pérez López, rubricaron o documento que formaliza a cooperación entre ambas as institucións para que o concello conte cun retrato […]
O Concello de Carballo e Fundación ONCE – Inserta Emprego colaborarán para fomentar o emprego das persoas con diversidade funcional

O Concello de Carballo e Inserta Emprego, entidade da Fundación ONCE centrada na formación e o emprego das persoas con discapacidade, deron os primeiros pasos cara a próxima sinatura dun convenio de colaboración co obxectivo de fomentar a inclusión laboral das persoas con diversidade funcional no municipio. O acordo acadouse nunha xuntanza na que participaron […]
Daniel Pérez recibiu o alumnado do IES Alfredo Brañas que participa no Club de Debate Alingua xunto con outros 36 equipos de 13 concellos

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, recibiu este martes o equipo do IES Alfredo Brañas que participa no Club de Debate Alingua 2026, e que vén de acadar o terceiro posto na segunda xornada clasificatoria. Durante o encontro, o rexedor felicitou aos rapaces e rapazas polo seu traballo, ademais de destacar o esforzo, a capacidade […]
O Concello de Carballo avanza na mellora das infraestruturas hidráulicas en Rus con dúas actuacións en abastecemento e saneamento

O Concello de Carballo continúa avanzando na mellora das infraestruturas hidráulicas da parroquia de Rus con dous proxectos destinados a reforzar tanto a rede de abastecemento de auga como o sistema de saneamento. Trátase de actuacións que permitirán mellorar a calidade dos servizos básicos e avanzar na protección ambiental do municipio. Visita ás obras de […]
A Xunta de Goberno Local aprobou a licenza para a demolición da antiga cámara agraria

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión deste luns a licenza urbanística para a demolición do edificio da antiga cámara agraria, situado na avenida da Milagrosa. A actuación está promovida pola Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia. O inmoble, construído arredor do ano 1958 e actualmente en desuso, consta de […]