A web oficial do concello de Carballo

Carballo revalida a súa excelencia turística coa renovación do distintivo de calidade SICTED para a súa oficina de información

Regueira entrega diplomas Sicted (2)

A oficina de información turística de Carballo reafirmou esta tarde o seu compromiso coa excelencia profesional ao recibir a renovación do seu distintivo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED). O recoñecemento foi entregado no marco dun acto celebrado en Vimianzo, organizado pola Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), no que se distinguiron […]

Alumnado de secundaria explora a microtoponimia e redescubre a historia local con Cabeza Quiles

ies_parga_pondal_microtoponimia (6)

O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, promoveu nas últimas semanas unha serie de itinerarios didácticos centrados na microtoponimia, a disciplina que estuda os nomes de lugares, regos, fontes, penedos ou leiras. As xornadas contaron coa mestría do prestixioso toponimista Fernando Cabeza Quiles, quen guiou o alumnado polas historias agochadas […]

Carballo pechou a Semana do Libro e a Lectura cun balance de 1.097 participantes

Semana do Libro e a Lectura - Moito conto

A XIX Semana do Libro e a Lectura de Carballo reafirmouse como un motor cultural imprescindible tras unha intensa semana de actividades que converteron a vila nun fervedoiro de creatividade. Cun balance final de 1.097 participantes (822 nenas e nenos e 275 persoas adultas), a iniciativa logrou conectar ás novas xeracións co pracer de ler […]