Inicio Carballo ao día Novas A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras e servizos por 1.853.424,37 euros

Tamén foron adxudicados tres proxectos que suporán un investimento doutros 496.514,06 euros

Venres 3 de xaneiro do 2025

Un dos investimentos previstos é a mellora do firme no Paseo do Anllóns

Un dos investimentos previstos é a mellora do firme no Paseo do Anllóns

Nos próximos días sairán a licitación 12 proxectos de obras e servizos por un importe total de 1.853.424,37 euros. A Xunta de Goberno Local iniciou os procedementos de contratación na última sesión do 2024, celebrada o luns. As actuacións programadas son as seguintes:

  • Mellora das instalacións do campo de fútbol municipal As Pedreiras, de Verdillo, cun orzamento de 61.412,72 euros. As obras afectarán ás zonas de soleira e rampla entre as gradas e a billeteira, á propia zona de gradas, aos vestiarios, ao equipamento do campo e á iluminación.
  • Instalación dun parque biosaudable e de calistenia, por 44.868,51 euros.
  • Instalación de equipamento deportivo nas pistas de Cances, O Chorís, Os Vilares-Sísamo, CEIP Bergantiños, Outón-Rus e Ardaña, cun orzamento de 47.533,57 euros.
  • Mantemento e conservación do firme no paseo do Anllóns, por 137.026,90 euros.
  • Reforma do Pazo da Cultura, por 570.870,41 euros. As obras inclúen a mellora do illamento das cubertas, a eliminación do ascensor panorámico e a adaptación do anterior con máis capacidade e paradas, nova compartimentación de espazos, redistribución do acceso ao CMUS e fachadas.
  • Ampliación do cemiterio municipal, segunda fase, por 373.632 euros.
  • Urbanización exterior do centro social de Xoane-Goiáns, por 79.999,98 euros.
  • Asistencia técnica para o deseño e a execución dun programa de asesoramento para o fomento do emprendemento no ámbito do surf, por 42.555,87 euros.
  • Adaptación á normativa dos parques infantís de todo o concello, por 207.136,74 euros.
  • Subministración e instalación de oficinas e vestiarios no polígono de Carballo, por 38.398,66 euros.
  • Asistencia técnica e implementación de actuacións en materia de promoción da igualdade e loita contra a violencia de xénero, por 40.673,72 euros para un contrato de dous anos.
  • Melloras electromecánicas nos equipos do ciclo da auga, por 201.251,57 euros.

No 2021 foi aglomerado o primeiro treito da vía, desde A Canosa ata O Pereiro Vello

No 2021 foi aglomerado o primeiro treito da vía, desde A Canosa ata O Pereiro Vello

Por outra banda, na última Xunta de Goberno Local do 2024 foron adxudicadas as seguintes obras e servizos:

  • Subministro de licenza de uso de software de control regulamentario das piscinas, cun orzamento de 5.900 euros, á mercantil Oztogest Deporte y Salud.
  • Mellora da capa de rodaxe con aglomerado na vía de Pereiro Vello a Outón, incluída no POS+ 2023, adxudicada a Vázquez y Reino por 366.321,66 euros.
  • Reparación e mantemento do depósito de auga do Añón de Verdillo, que realizará Conscyc 2020 por 155.315,60 euros.

Compartir: