Programa 2021

A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición, xa que van a ser grupos moi reducidos debido á sensibilidade da contorna e o uso sustentable que queremos promover na mesma.

A grande maioría das accións realizaranse todos os mércores e sábados, ademais de algún domingo puntual.

As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolvan as actividades.

Xullo

  • Sábado, 3 e Domingo, 4: DESCUBRE AS PEGADAS E OS INDICIOS NOS CAMIÑOS
  • Mércores, 7: RUTA POLO PATRIMONIO DA COSTA CARBALLESA
  • Sábado, 10: INAUGURACIÓN DA ESCULTURA EN BALDAIO E SAÍDA A COÑECER A FLORA E FAUNA DAS CONTORNAS DUNARES
  • Mércores, 14: BALDAIO ESTÁ INVADIDO, AXUDÁDENOS A RECUPERALO
  • Sábado, 17: LIMPEZA  COLECTIVA DAS PRAIAS DE RAZO E BALDAIO
  • Mércores, 21: RUTA PARA COÑECER RAZO E BALDAIO
  • Sábado, 24: AS PEDRAS DE CANDO AMÉRICA ESTABA EN CARBALLO
  • Mércores, 28: A NOITE DAS AVELAIÑAS
  • Sábado, 31: AXUDA Á RESISTENCIA !!! ELIMINA AS INVASORAS DE CARBALLO

Agosto

  • Mércores, 4: FAUNA E FLORA DAS CONTORNAS DUNARES
  • Sábado, 7: LIMPEZA  COLECTIVA DAS PRAIAS DE RAZO E BALDAIO
  • Sábado, 7: ROTEIRO NOCTURNO POLA EIRA DAS MEIGAS
  • Sábado, 14: RUTA POLO PATRIMONIO DA COSTA CARBALLESA
  • Mércores, 18: SAÍDA ORNITOLÓXICA
  • Sábado, 21: OBRADOIRO DE BIODIVERSIDADE
  • Mércores, 25: EXPLORA AS POZAS DA PRAIA
  • Sábado, 28: SAÍDA ORNITOLÓXICA  

ACCIÓNS SORPRESA!! Realizaranse ao longo do verán accións sorpresa de identificación de microplásticos na area da praia.

Ligazóns

Compartir: