PRESENTACIÓN

Presentación do programa do 2024, xunto á Píllara de Razo

Presentación do programa do 2024, xunto á Píllara de Razo

Despois do éxito das edicións pasadas, desde o Concello de Carballo queremos dar continuidade ao proxecto “Eu quero Razo – Baldaio”, que pretende crear hábitos de turismo consciente no noso litoral. Para iso contaremos de novo coas entidades que veñen desempeñando accións relacionadas coa sustentabilidade da nosa costa e con novos colectivos e persoas que comparten o mesmo obxectivo. De feito, tanto o Concello como as entidades colaboradoras neste proxecto buscamos a valorización dos recursos costeiros co convencemento de que canto máis se coñeza, máis se vai respectar. O resultado é o programa de actividades que podes ver de seguido.

PROGRAMA 2024

A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición. As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolvan as actividades.

XULLO

AGOSTO

SETEMBRO

PEKEOLIMPIADAS RAZO-BALDAIO

Unha das novidades deste ano son as  I Pekeolimpiadas na area de Razo e Baldaio, que terán lugar os días 7 e 14 de agosto. 
Se tedes menos de 14 anos e xuntades un grupo de 5 amigos/as poderedes participar nesta competición, que terá a primeira eliminatoria o día 7 de agosto. O día 14 coñeceremos aos primeiros/as gañadores/as desta competición.

SUBIDA A MONTE NEME E ASTRONOMIA CON JORGE MIRA

Este ano temos unha interesante novidade na subida nocturna a Monte Neme que coordina Senda Nova, xa que contaremos coa presenza do profesor Jorge Mira, que nos dará unha clase maxistral sobre astronomía.

OBRADOIRO DE AGASALLOS CON CREBAS

O artista plástico e crebeiro Nando Lestón impartirá o día 17 de xullo un obradoiro no que se transformarán residuos recollidos na praia en obxectos que vas a poder agasallar, e ademais encargarase de elaborar os trofeos que se entregarán nas Pekeolimpiadas na Area.

Descargas

Compartir: