PRESENTACIÓN
_800x460.jpeg)
Presentación do programa do 2022, no mirador do Castrillón
Despois do éxito das edicións pasadas, desde o Concello de Carballo queremos dar continuidade ao proxecto “Eu quero Razo – Baldaio”, que pretende crear hábitos de turismo consciente no litoral de Carballo. Para iso contaremos de novo coas entidades que veñen desempeñando accións relacionadas coa sustentabilidade da nosa costa, este ano con algunhas incorporacións que contribuirán a seguir enrequecendo o verán. Tanto o Concello de Carballo como as entidades colaboradoras neste proxecto buscamos a valorización do espazo natural que conforma a nosa costa co convencemento de que canto máis se coñeza, máis se vai respectar. Como indicou o alcalde, Evencio Ferrero, na presentación do programa deste ano, "temos que darnos conta de que estamos a vivir nun espazo privilexiado, e que ese espazo ten que durar para sempre".
PROGRAMA 2022
Ademais das accións propostas polas entidades (Hábitat, Adega, Senda Nova, Cemma e Ío), desde o propio Concello tamén se propoñen unha serie de iniciativas que se indican no programa do proxecto.
A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición. Os grupos serán moi reducidos debido á sensibilidade da contorna e ao uso sustentable que queremos promover na mesma.
A grande maioría das accións realizaranse todos os mércores e sábados, ademais de algún domingo puntual. As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolverán as actividades.
.png)
XUÑO
- MÉRCORES 29 E XOVES 30: OBRADOIRO DE RESTAURANCIÓN DA PÍLLARA DE VIMBIO
XULLO
- SÁBADO, 2: INICIACIÓN Á ORNITOLOXÍA
- MÉRCORES, A 6: SEGREDOS CULTURAIS DA COSTA CARBALLESA
- SÁBADO 9 e DOMINGO 10: DESCUBRE AS PEGADAS E OS INDICIOS NOS CAMIÑOS
- MÉRCORES, 13: EXPLORANDO AS POZAS DA MAREA
- MÉRCORES, 20: XORNADA DE ELIMINACIÓN DE INVASORAS
- MÉRCORES, 27: A NOITE DAS AVELAIÑAS
AGOSTO
- MÉRCORES, 3: FAUNA E FLORA DAS CONTORNAS DUNARES
- SÁBADO, 6: LIMPEZA COLECTIVA DAS PRAIAS DE RAZO E BALDAIO, PLÁSTICOS E MOCROPLÁSTICOS
- SÁBADO, 13: RUTA NOCTURNA POLA EIRA DAS MEIGAS
- VENRES, 19: NOITE DE ASTRONOMÍA
- SÁBADO, 20: FESTA DA PRAIA
- SÁBADO, 20: AS ORIXES DA COSTA DE CARBALLO
- MÉRCORES, 25: SIMULACRO DE RESCATE DE CETÁCEOS
OBRADOIRO DE VIMBIO

Apúntate a restaurar a Píllara! Os días 29 e 30 de xuño, no campo de Razo, haberá un obradoiro impartido por Idoia Cuesta.
Despois de varios anos, a nosa píllara precisa mudar a súa “plumaxe” de vimbio, e ademais durante o mércores de 16:00 a 20:00 h. máis o xoves de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h., terás a posibilidade de aprender técnicas de trenzado de vimbio da man dunha das mellores artesás do mundo, premio nacional de artesanía, artesá de referencia de Loewe e moitísimos premios máis.
SIMULACRO DE RESCATE DE CETÁCEOS

Un novidade moi divertida e didáctica! O colectivo CEMMA desenvolverá unha actividade na que aprenderemos como debemos intervir no caso de que se atope un cetáceo varado na beira do mar. Na praia de Razo, de 10:30 a 13:30h.
NOITE DE ASTRONOMÍA

Será outra das novidades deste ano! As persoas participantes poderán achegarse á ponte grande de Baldaio, de 22:30h a 01:30h. e desde alí recibirán as nocións básicas para poder desfrutar da observación das estrelas.
FESTA DA PRAIA

Este ano introducimos outra novidade: celebraremos a “FESTA DA PRAIA”, unha actividade para desfrutar en familia que contará con más de 25 xogos diferentes, carpas, música, fornos solares, circo e moitas sorpresas mais.
BIBLIOPRAIA

De luns a venres, de 13:30 a 17:30 no mes de xullo e de 13:30 a 16:30 no de agosto.