Presentación

A túa opinión importa! Axuda a construír o Carballo do futuro!

Carballo do futuro

Vista aérea de Carballo

Como vedes Carballo dentro duns anos? Que ideas tendes para facer un Carballo sostible para todos? Animamos a todos os veciños e veciñas a que opinen para facer de Carballo un mellor lugar para vivir.

As vosas ideas contan para que o Concello de Carballo, a través da Estratexia de fondos europeos "DUSI (Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) - Carballo sostible e para todos", avance para crear unha cidade limpa, sustentable e inclusiva na que todos os seus habitantes podan gozar dela co obxectivo de logralo posto en 20122. Para iso artellarase arredor de retos económicos, ambientais, climáticos, demográficos e sociais.

Así, entre outras, buscaranse medidas para o fomento do emprego e o impulso aos emprendedores, mellorarase o acceso ás novas tecnoloxías da información e da comunicación, implantarase un Plan de Mobilidade Urbana sustentable, buscarase a mellora da eficiencia enerxética e promoverase unha rede comercial de empresas baixa en carbono, crearase un programa de protección do medio ambiente e do patrimonio, crearanse plans para mellorar a calidade do aire e reducir o ruido urbano ou para faveorecer a inclusión de colectivos menos favorecidos a través de novos nichos de emprego e a alfabetización dixital.

OPINA!

Para opinar, tendes varias opcións. Podedes escoller unha ou abordalas todas, aínda que agradecemos especialmente que cubrades a nosa enquisa, na que se abordan os principais temas do proxecto e que está dispoñible até o 27 de novembro:

  • Participar nunha enquisa online que non leva máis de cinco minutos clicando aquí. Tamén pode descargarse máis abaixo o cuestionario en pdf, imprimilo e entregalo no Concello (primeiro andar) ou remitilo por correo electrónico.
  • Enviando suxestións ou a enquisa ao enderezo electrónico <carballodofuturo@gmail.com>.
  • Opinando a través de Facebook, clicando aquí.
  • Opinando a través de Twitter en <@carballo_gal> co hashtag #CarballodoFuturo
Precisamos da opinión de todos os veciños e veciñas! Axudade a construír o Carballo do futuro!

Descargas

Compartir: