Aberto o prazo para participar no Concurso de Comparsas, Carrozas e Disfraces de Entroido que reparte máis de 10.000 euros en premios
Ata o 26 de febreiro para comparsas e carrozas e ata o domingo 2 de marzo no caso das inscricións para disfraces de grupos, por parellas e individuais
Martes 4 de febreiro do 2025
Volve o Concurso de Comparsas, Carrozas e Disfraces de Entroido do Concello de Carballo, un dos desfiles con máis tradición da comarca. Neste 2025 increméntase de novo a contía de premios en máis de 1.000 euros para chegar a superar os 10.000. Hay que subliñar que os importes que máis aumentan son os destinados á categoría de carrozas, xa que as axudas por participar chegan aos 300€ e o primeiro premio sube ata acadar os 1.000€, ademais de engadirse un terceiro premio de 350€.
Dos 10.000 euros que repartirá o concurso, máis de 4.500 están destinados a gratificacións para premiar a participación na actividade. Os importes ascenden a 125€ para as comparsas infantís e a 125€ para as comparsas de adultos de menos de 25 membros, a 200€ para as de máis de 25 membros, e os xa mencionados 300€ para as carrozas. Concederanse un máximo de 20 gratificacións para os 20 primeiros inscritos.
Ademais, está previsto repartir 17 premios e ata 1.000 euros en accésits:
• INFANTIL (ata 14 anos)
- COMPARSAS
2º premio: 150€
3º premio: 100€
4º premio: 60€
- GRUPOS (de 2 a 7 compoñentes)
- INDIVIDUAL (1 compoñente)
2º premio: 70€
3º premio: 50€
• ADULTOS (máis de 14 anos)
- CARROZAS (mínimo de 15 compoñentes)
2º premio: 600€
3º premio: 350€
- COMPARSAS (mínimo de 10 compoñentes)
2º premio: 400€
3º premio: 200€ ◦ GRUPOS (de 2 A 9 compoñentes)
Premio de 125€
- INDIVIDUAL (1 compoñente)
• INFANTIL OU ADULTOS: PREMIO ESPECIAL “CHOQUEIRO DE BERGANTIÑOS” (1 compoñente). Participante inscrito en calquera das modalidades (no precisa inscrición específica)
Premio: 100€
• ACCÉSITS
1000€ a distribuír en calquera categoría ou modalidade
A inscrición poderá realizarse nas oficinas de Cultura do Pazo da Cultura ou no rexistro do Concello de Carballo: no caso de comparsas e carrozas ata o 26 de febreiro; e en grupos, parellas e individual ata 1 hora antes do mesmo día do desfile, o domingo 2 de marzo, nese caso na Praza do Concello.
As bases, fichas de inscrición e outra documentación precisa está dispoñible máis abaixo nesta mesma nova. Co obxecto de velar pola seguridade de participantes e espectadores, o Concello quere facer fincapé na importancia de respectar as medidas de seguridade, en especial, na construción de carrozas. Todas estas indicacións figuran nas bases e nas fichas de inscricións para participar neste concurso.
Descargas
- BASES DO CONCURSO DE COMPARSAS, CARROZAS E DISFRACES DE ENTROIDO 2025 [PDF]
- RELACIÓN DE PREMIOS DO CONCURSO DE COMPARSAS, CARROZAS E DISFRACES DE ENTROIDO 2025 [PDF]
- SOLICITUDE DE INSCRICIÓN XERAL PARA O CONCURSO DE DISFRACES, COMPARSAS E CARROZAS DE ENTROIDO 2025 [PDF]
- AUTORIZACIÓN A MENORES DE IDADE PARA O CONCURSO DE DISFRACES, COMPARSAS E CARROZAS DE ENTROIDO 2025 (Anexo1) [PDF]
- DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA OS PARTICIPANTES NO CONCURSO DE CARROZAS DE ENTROIDO 2025 (Anexo 2) [PDF]
- IMPRESO PARA AGRUPACIÓNS OU COLECTIVOS PARTICIPANTES NO CONCURSOS DE DISFRACES COMPARSAS E CARROZAS DE ENTROIDO 2025 (Anexo 3) [PDF]