Cultura

Cultura

- 2025 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Teatro escolar para alumnado de Carballo e de Bergantiños con AMORODIO Teatro

Do mércores 12 de febreiro ata o xoves 13 de febreiro do 2025 De 9.30 a 14.30 horas - Pazo da Cultura

A nai - AMORODIO Teatro

O Pazo da Cultura acolle dúas mañás de teatro escolar da man da compañía AMORODIO Teatro. A cita está dirixida a alumnado dos institutos de Carballo e da comarca de Bergantiños que poderán desfrutar o 12 e o 13 de febreiro da peza A nai. Dirixida por Marián Bañobre e con dramaturxia de Laura Porto, conta a historia de Lola, Amparo e Julia Touza Domínguez. Elas rexentaban o quiosco da estación de Ribadavia. Por alí desfilaron durante os anos máis duros do nazismo xudíos, xitanos, homosexuais, transexuais, roxos e moitas mulleres que escapaban do réxime alemá.

As irmás agochaban aos fuxidos un ou ous días na súa casa ata que algún dos cómplices da rede, a miúdo taxistas da vila, os levaban á fronteira con Portugal. Pero esta historia nunca chegou a transcender, xa que as propias irmáns Touza quixeron gardar en segredo a súa misión, incluso anos depois da caída do réxime.

A cita está organizada pola Concellaría de Cultura e pola Deputación da Coruña.

Compartir: