Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
17
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Os ratiños da caixa", protagonistas da nova sesión de contacontos infantil

Mércores 12 de maio do 2021 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming

"Os ratiños da caixa" de Lonxedetodo visitan a biblio

Os ratiños de Lonxedetodo regresan á Biblioteca Rego da Balsa cunha chea de historias e libros para entreter e divertir aos máis pequenos/as da casa. Desta volta o protagonista da nova sesión infantil de animación á lectura será o Rato Fuco, que virá acompañado dos tres ratiños máis novos de Lonxedetodo aos que lles falará da serie de libros sobre ratos escritos polo estadounidense Arnold Lobel e traducidos ao galego por Kalandraka, como “Contos de ratiños” e “Sopa de rato", entre outros. 

Se queredes desfrutar dunha tarde de libros e risas, reserva canto antes a túa entrada chamando ao 981 758 580. Bule, que se esgotan enseguida!

Público: Nenos/as de 5 a 7 anos acompañados/as dun adulto
Entradas: Libre e de balde. Aforo limitado. Inscrición previa
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir: