Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Ver localización

Centro de Información á Muller

Centro de Información á Muller

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Carballo ofrece desde 2001 un servizo de asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade de oportunidades.

O CIM garante en todo momento o anonimatoe a privacidade nas consultas realizadas polas usuarias do servizo.


O enderezo das oficinas municipais é o seguinte:

Centro de Información á Muller
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
(Edificio do antigo Ambulatorio)
15100, Carballo
Teléfono:  981 700 688 / 638 123 460  

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas.

  • Asesoría psicolóxica: luns, martes e xoves mediante cita previa.
  • Asesoría xurídica: luns, mércores e venres mediante cita previa.

Teléfono contra o maltrato: 016
Teléfono da Muller: 900 400 273
Atención telefónica para mulleres xordas: 900 152 152  

O CIM organiza con regularidade actividades para o fomento da igualdade entre as que destacan obradoiros, cursos e citas como a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller; e o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.

Programa Concilia

O programa Concilia é unha iniciativa -cofinanciada pola Deputación da Coruña e o Concello de Carballo- que pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das nais e pais do alumnado dos centros de ensino do municipio. O servizo funciona de 7.30 a 9.30 horas ao longo de todo o curso, incluídas as vacacións escolares. Máis abaixo pódese descargar a Ordenanza reguladora da prestación dos servizos do Programa Concilia.

Ligazóns

Descargas

Compartir: