O alumnado que participa no Pedibús sinaliza as rutas que utiliza para ir ao cole
Venres 29 de setembro do 2017 16.30 horas - Rutas do Pedibús

Os alumnos e alumnas que participan no Pedibús son os protagonistas nesta xornada da Semana da Mobilidade que está a celebrar o Concello de Carballo. O alumnado sinalizará as rutas existentes pintando no chan o logotipo do Camiño Escolar, e despois participará nunha tarde de merenda e xogos organizada pola Concelleria de Planificación e Mobilidade Urbana.