Proxección do documental "Hoxe quen baila?"
Sábado 8 de xuño do 2024 20.30 horas - Centro social de Imende Participación veciñal
O programa Primavera en Baldaio remata con cine. Grazas á colaboración da Asociación Ambiental Senda Nova proxectarase no centro social de Imende o documental Hoxe quen baila?, baseado nas Historias de Inverno da asociación. A súa presidenta, Eva Cameán, presentará o acto, que comezará ás 20.30 horas.
Entrada libre e de balde.