Inicio Carballo ao día Axenda Exposición de Manuel Facal e conferencia...

Exposición de Manuel Facal e conferencia de Xavier Seoane

Xoves 28 de setembro do 2023 20.30 horas - Espazo Casino 1889 Cultura

Dentro do convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Fundación Manuel Facal, ás 20:30 horas celebrarase no Espazo Casino 1889 a inauguración da exposición da carpeta Cenizas del amor– Ashes of love. Tomarán a palabra Xaime Díaz, Manuel Facal e Evencio Ferrero. Completará o acto unha conferencia de Xavier Seoane.

A presentación do ponente correrá a cargo de Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e director da editorial Espiral Maior e do seu Foro, un novo espazo cultural asentado agora en Carballo.

Nesta ocasión será Xavier Seoane o invitado para falar sobre o seu amigo nunha conferencia sobre a traxectoria artística de Manuel Facal. Na charla falará do seu longo percorrido creativo, o seu labor como gravador, a súa etapa de carpetas e libros de artista, da obra pictórica, a súa actividade teórica e algúnhas das súas aportacións máis recentes. O acto estará complementado con proxeccións audiovisuais de obras seleccionadas e ao rematar haberá un pequeno coloquio entre todos os asistentes.

Na mesma sala realizarase a Exposición dos 14 gravados de Manuel Facal que forman parte da carpeta titulada Cenizas del amor – Ashes of love, datada no ano 1985 e feita en colaboración cos grandes poetas dunha xeración irrepetible como son José María Álvarez, Juan Gil Albert, Jaime Gil de Biedma, Pere Gimferrer, Félix Grande e Luis Antonio de Villena. As obras foron adquiridas pola organización co gallo da homenaxe e para que formen parte dos fondos da Fundación.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4