A Banda do Verán chega a Carballo co espectáculo "A casa do terror"
Venres 23 de xullo do 2021 20.00 horas - Rúa Jacinto Amigo Cultura
Pulgas zombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, a pantasma con asma, e moitos máis monstruos son os protagonistas do espectáculo A casa do terror. Unha aventura chea de historias terroríficas con moita música, amizade a superación dos propios medos. Xoán Curiel e a Banda do Verán presentan un divertido e dinámico espectáculo musical con cancións, danza, teatro e clown e onde a participación do público será a esencia deste concerto para familias.
Gañador da VI Premio Martín Códax á mellor música infantil.
Entrada libre e de balde ata completar aforo.
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña