Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Aberto ata o 8 de abril o prazo de solicitude de praza para o Concilia de Semana Santa

Domingo 30 de marzo do 2025

A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade ofrece ás familias a posibilidade de utilizar o programa Concilia durante as vacacións escolares de Semana Santa. Os/as nenos/as usuarios/as habituais terán preferencia na asignación de prazas, pero o servizo ábrese a todas as familias interesadas.

Deste xeito, os días 14, 15, 16 e 21 de abril funcionará o programa Concilia no Recuncho dos Nenos (rúa Barcelona, número 18, entrechán dereito), desde a hora habitual de inicio do servizo ata o fin da xornada lectiva, é dicir, de 07.00 a 14.30 horas. O custe do servizo, tal como establece a ordenanza que o regula, será de 8,24 euros por día, con almorzo incluído. As familias deberán deixar e recoller aos escolares no citado local. 

Para realizar a solicitude é preciso cubrir o formulario que se achega. A non asistencia ou as anulacións posteriores á data de finalización do período establecido suporán o aboamento do servizo. Dado que o número de prazas é limitado, a adxudicación farase por orde de solicitude, dándolles prioridade aos usuarios e usuarias habituais.

Máis información no Centro de Información ás Mulleres ou a través dos teléfonos 981 700 688/638 123 460.

Descargas

Compartir: