Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

INSCRICIÓNS ABERTAS ATA O 19 DE MAIO

Carballo converterase o 24 de maio nun espazo de información e aprendizaxe sobre o TEA para familias e docentes

Representantes da asociación Un paso máis e do Concello de Carballo presen-taron o programa da II Xornada formativa “A inclusión socioeducativa”

Mércores 26 de marzo do 2025

Sensibilizar á poboación sobre a importancia da inclusión social educativa das persoas con TEA, crear un espazo de intercambio de información, visibilizar aos colectivos e ofrecer ferramentas son os principais obxectivos da II Xornada formativa A inclusión socioeducativa, co-organizada pola asociación Un paso máis, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e o Concello de Carballo, que se celebrará o 24 de maio no Fórum. Hoxe presentámola na casa do concello, nun acto no que participaron representantes das entidades organizadoras.

Valentín Costa, coordinador das xornadas, destacou a excelente acollida da primeira edición tanto por parte da comunidade educativa coma das familias, e anunciou novidades para segunda edición: as xornadas serán homologadas pola Consellería de ducación por 8 horas e haberá un descanso activo no que participarán outras entidades sociais da contorna “poñendo puntos de información sobre os seus labores e as súas tarefas do día a día”. Os representantes de Un paso máis agradeceron a colaboración e a implicación do Concello.

A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Maica Ures, subliñou a importancia de achegar ferramentas tanto aos docentes como ás familias “para mellorar a vida dos nenos e nenas con TEA e que estean cada vez máis integrados na sociedade”. O alcalde de Carballo, pola súa banda, puxo en valor o traballo que vén realizando a agrupación Un paso máis e incidiu en que a inclusión “debe ser un reto de todos”.

PROGRAMA

09:30 - 10:00 Recepción e benvida

10:00 - 10:30 Acto inaugural: Evencio Ferrero Rodríguez, alcalde de Carballo; Marcos Pinaque Varela, doutor en Equidade e Innovación educativa, e Banesa Martínez, presidenta da Agrupación Deportiva Un Paso Máis).

10:30 - 11:30 Seres únicos. Marcos Pinaque

11:30 - 12:30 Descanso activo  Coa participación das entidades Paseniño, ENKI, ASPABER, Íntegro, APEM, FEGEREC, e Un Paso Máis.
Cátering xentileza da Escola de Hostalaría Municipal de Carballo

12:30 - 14:00 Mesa redonda: TEA e inclusión 

  • Comprendendo as condutas. Silvina Lema Fernández, presidenta da Asociación Española de Disciplina Positiva e mestra de educación infantil
  • “Un paso máis” cara a inclusión. Valentín Costa Trillo, membro de Un Paso Máis
  • Acompañamento familiar. Isabel García García, doutora Especialista en TEA
  • Máis alá da fala: a comunicación. Gil Barrero, enxeñeiro especialista en informática e tecnoloxía adaptada
  • A miña experiencia. Juan Díaz Puente
  16:30 - 18:00 Talleres e seminarios (escoller 1 de 5)
  • Disciplina positiva. Benestar psicoemocional e comprensión do comportamento. Silvina Lema Fernández
  • Taller de mestres. Marcos Pinaque Varela 
  • Taller de familias. Isabel García García
  • Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación. Gil Barrero
  • A aprendizaxe da lectoescritura para o alumnado con TEA. Ana Cecilia Colmenarez Raga, doutora en Neurociencias
  18:30 - 20:00 Talleres e seminarios (escoller 1 de 5)
  • Disciplina positiva. Benestar psicoemocional e comprensión do comportamento. Silvina Lema Fernández
  • Taller de mestres. Marcos Pinaque Varela 
  • Taller de familias. Isabel García García
  • Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación. Gil Barrero
  • A aprendizaxe da lectoescritura para o alumnado con TEA. Ana Cecilia Colmenarez Raga, doutora en Neurociencias
20:00 - 20:30 Acto de clausura
Xosé Regueira Varela, vicepresidente da Deputación da Coruña; Maica Ures García, concelleira de Servizos Sociais de Carballo, e Eva Arán Fernández, secretaria de Un Paso Máis

SERVIZO DE CANGURAXE

Un Paso Máis porá á disposición de quen o precise un servizo de canguraxe. Para solicitalo é necesario contactar a través de info@unpasomais.org.

HOMOLOGACIÓN

Está solicitada a homologación destas xornadas á Consellaría de Educación por 8 horas. Para a obtención do certificado será necesario acreditar a asistencia ao 85% da totalidade da actividade como mínimo.

INSCRICIÓNS

Ata o 19 de maio no teléfono 689 315 690, no correo electrónico unpasomais@gmail.com ou neste formulario.

Compartir: