Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

O Concello de Carballo aproba subvencións por un total de 65.000 euros a catorce entidades que traballan no eido social

O Concello de Carballo asina un novo convenio con Cáritas polo que achega 15.000 euros para para o mantemento do centro de día Fogar de Bergantiños

Mércores 18 de decembro do 2024

O Concello de Carballo colaborará cun total de 65.000 euros ao desenvolvemento de distintos programas de acción social promovidos por entidades sen ánimo de lucro. O reparto é o seguinte:

  • Asociación antidroga Vieiro: 6.764,52 euros para o programa Quéreme ben.
  • Cruz Vermella Carballo: 4.500 euros para o Espazo de busca activa de emprego.
  • Alcer: 20.50 euros para o programa de promoción da doazón de órganos e o fomento da saúde renal Alcer 7 vidas.
  • Fundación Amigos de Galicia: 3.758,07 euros para o plan de cobertura de necesidades básicas das persoas en situación de carencia de recursos económicos con residencia no municipio de Carballo.
  • Íntegro: 4.500 euros para darlle visibilidade á diversidade.
  • Centro Social San Xoán Bautista: 4.885,49 euros para o programa de formación laboral e apoio e reforzo educativo para a inclusión social, laboral e escolar de nenos, adolescentes, mocidade e adultos de colectivos en situación de risco ou exclusión social.
  • APEM: 5.261,29 euros para o programa de intervención familiar en saúde mental Tecendo vínculos.
  • Proxecto Home Galicia: 3.000 euros para o programa educativo da entidade.
  • Afaber: 6.576,62 euros para o mantemento da asociación.
  • Asociación Española de Lucha contra el Cáncer: 3.000 euros para o programa Estar preto de ti.
  • Aspaber: 6.764,52 euros para o mantemento da asociación.
  • Fundación Érguete-Integración: 3.229 euros para o proxecto Tecendo redes.
  • Un paso máis: 5.073,39 euros para o seu programa de actividades.

A aprobación das subvencións correspondentes ao ano que está a piques de rematar coincidiu coa sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e Cáritas Parroquial de Bergantiños, que tamén ten periodicidade anual, co que contribuímos ao mantemento do centro de día Fogar de Bergantiños, situado en Verdillo, cunha achega de 15.000 euros. Ademais do alcalde, Evencio Ferrero, e do párroco carballés, José García Gondar, que subscribiron o acordo, tamén asistiron ao acto a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Maica Ures, e a educadora social de Cáritas, Mayte Prieto Martín.

Compartir: