Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Volven os bailes para maiores, con música en directo todos os domingos desde o 22 de setembro ata o mes de xuño

Case todas as actuacións dos meses de setembro e outubro celebraranse na planta alta do mercado municipal

Domingo 1 de setembro do 2024 Benestar

Os bailes dos meses de setembro e outubro celebraranse no mercado municipal

Os bailes dos meses de setembro e outubro celebraranse no mercado municipal

Coincidindo co inicio do curso escolar, a Concellaría de Terceira Idade retoma as concorridas tardes de baile para as persoas maiores. A partir do 22 de setembro volverán as sesións musicais con actuacións en directo de solistas, dúos e tríos que animarán as tardes dos domingos ata o mes de xuño do 2025.

Os bailes de setembro e outubro celebraranse na planta alta do mercado municipal no horario de costume, de 18.00 a 21.00, agás o do 29 de setembro, que será no Pazo da Cultura. Este é o cartel:

  • 22 de setembro: Rocío Pérez
  • 29 de setembro: Trío Karma
  • 6 de outubro: Martín Carrión
  • 13 de outubro: Dúo Mar de Caión
  • 20 de outubro: Rocío Pérez
  • 27 de novembro: Dúo Marineda

Compartir: