Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

O Concello de Carballo convoca por cuarto ano unha liña de axudas ás familias para facer fronte ao custo da luz

Nas tres primeiras convocatorias foron aprobadas un total de 318 subvencións

Xoves 30 de maio do 2024

O acceso á electricidade e outras fontes de enerxía é unha necesidade básica. O importe da factura eléctrica aumentou considerablemente nos últimos anos, o que pon a algúns fogares en risco de non poder acceder a un servizo fundamental. Co fin de que os veciños e veciñas poidan facer fronte ao pago das súas facturas de subministros e de evitar a existencia de pobreza enerxetica nos fogares do noso concello, a Concellaría de Servizos Sociais convoca por cuarto ano as axudas para o pago de subministracións enerxéticas. Nas tres convocatorias anteriores foron aprobadas un total de 318 subvencións.

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas as persoas que cumpran os seguintes requisitos xerais:

  • Persoas maiores de 18 anos ou menores emancipados/as
  • Persoas empadroadas en Carballo como mínimo nos últimos 6 meses anteriores á convocatoria da axuda.
Ademais destes dous requisitos deben cumprir polo menos un dos seguintes:
  • Ser beneficiarias do Bono Social de Electricidade das diferentes comercializadoras de electricidade, como mínimo nos 3 últimos meses anteriores á convocatoria da axuda.
  • Recibir como mínimo 6 meses de osixenoterapia domiciliaria anteriores á data da publicaicón da convocatoria da axuda.
  • Recibir polo menos 6 meses de diálese peritoneal domiciliaria anteriores á data da publicación da convocatoria da axuda.

O Concello de Carballo destina a esta liña de axudas unha contía de 25.0000 euros. As persoas beneficiarias recibirán 200 euros, nun pago único.

O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia a través da BDNS, polo que se abre o xoves 30 de maio.

As bases, os impresos de solicitude e o acceso á tramitación electrónica, máis abaixo.

Ligazóns

Descargas

Compartir: