Últimos cursos de manexo do teléfono móbil antes das vacacións de verán
Luns 24 de abril do 2023
![](../media/img/mobil_350x360.jpg)
Nas vindeiras semanas celebraranse os últimos cursos de manexo do teléfono móbil antes das vacacións de verán. O prazo de inscrición está aberto de xeito permanente, e as próximas sesións organizanse naquelas parroquias nas que exista un número mínimo de solicitudes.
O calendario de cursos confirmados é o seguinte:
- Centro social de Entrecruces: días 25 e 26 de abril e 2 de maio
- Mercado municipal de Carballo: días 3, 9 e 10 de maio