Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi)

Martes 28 de decembro do 2021

Orde do 15 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco e se convocan para o exercicio 2022 (tramitación anticipada)(DOG nº 248 do 28/12/2021) 

Obxecto
Subvencionar aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi do tipo ECO, que se adquiran entre entre o 1 de outubro de 2021 e a data establecida nesta orde para xustificar a axuda (31 de outubro de 2022). Porén, esta data límite do 31 de outubro para xustificar só será de aplicación a aqueles interesados que reciban a notificación de concesión con posterioridade ao 31 de agosto do 2022.

Actuacións subvencionables
A adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida, que reúnan as seguintes condicións:

  1. Deben estar adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida, reunindo as condicións previstas no RD 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan os requisitos básicos de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade.
  2. Os vehículos deberán ser adquiridos dentro dos prazos fixados na orde.
  3. En ningún caso se admitirán como subvencionables os vehículos de segunda man, nin os adquiridos a través dun contrato de renting.
    Contía
    A axuda por vehículo para taxi adaptado (Eutotaxi) será de 10.000 euros, para taxi de cero emisións de 6.000 euros e para taxi ECO de 4.000 euros. As liñas de subvencións son compatibles entre si con carácter acumulativo e decláranse compatibles, de ser o caso, con outras achegas, axudas ou subvencións que para a mesma finalidade poida obter a entidade beneficiaria.

    Beneficiarios
    Persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de Mobilidade competentes. As ditas autorizacións deberán axustarse ás seguintes regras:
    1. Terán que estar domiciliadas en Galicia.
    2. Deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.
    3. Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das cales sexa titular o solicitante, agás no suposto de que para esta o interesado acadase a condición de beneficiario con base en convocatorias anteriores de axudas efectuadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda para esta mesma finalidade.
    Documentación
    Presentación electrónica na sede (IF303A)Para as solicitudes de axudas de taxi adaptado (Eurotaxi)
    1. Copia compulsada da factura pro forma e orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir.
    2. No caso de que o vehículo fose adquirido con antelación á publicación desta orde, factura de compra do vehículo subvencionado e xustificante de ter pagado polo menos 10.000 euros para esta finalidade mediante unha ou varias transferencias bancarias.
    3. No caso de actuar por medio de representante, debe achegarse a documentación acreditativa da representación.
    Para as solicitudes de axudas de taxi de cero emisións e ECO:
    1. Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir.
    2. No caso de actuar por medio de representante, debe achegarse a documentación acreditativa da representación.
    3. No caso de que o vehículo fose adquirido con antelación á publicación desta orde, factura de compra do vehículo subvencionado e xustificante de ter pagado polo menos 6.000 euros para esta finalidade, no caso de vehículos de cero emisións e 4.000 euros para esta finalidade no caso de vehículos ECO mediante unha ou varias transferencias bancarias. Neste caso presentarase tamén algún dos seguintes documentos, con carácter alternativo:
      • Copia do distintivo oficial da Dirección Xeral de Tráfico onde figure a categoría enerxética do vehículo.
      • Certificación expedida por concesionario oficial acreditativa da categoría enerxética do vehículo.
    Lugar de presentación
    A presentación das solicitudes e documentación complementaria realizarase unicamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica https://sede.xunta.es

    Prazo de presentación de solicitudes
    Do 29 de decembro de 2021 ao 14 de outubro de 2022.

    Información ás persoas interesadas
    Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Mobilidade, a través dos seguintes medios:
    •  Páxina web oficial da consellería (www.civ.xunta.gal).
    • Os teléfonos 981 99 50 53 e 881 99 50 77 da devandita dirección xeral.
    • O enderezo electrónico: tmg@xunta.gal

    Compartir: