Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

A Concellaría de Igualdade volve a contar co comercio para espallar o rexeitamento social á violencia de xénero

Venres 12 de novembro do 2021

Dende a Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo levamos moitos anos impulsando accións que contribúan á sensibilización da sociedade en relación coa violencia de xénero. Grazas á colaboración de entidades e empresas, a campaña “Carballo en negro” acadou nos últimos tempos unha gran acollida e proxección, de xeito que xa está interiorizada por parte da sociedade.

Precisamente por iso, porque cremos que as iniciativas de concienciación social deben chamar a atención para remexer as conciencias, este ano poñemos en marcha unha nova campaña que denominamos “En que punto estás contra a violencia de xénero?”, que incluirá diferentes actividades destinadas a distintos públicos pero que xirarán arredor dese lema, tratando de identificar violencias das que en moitas ocasións nin as vítimas son conscientes.

Unha vez máis apelamos á colaboración do comercio local para axudarnos a difundir a mensaxe. Participar é tan sinxelo como utilizar a cor morada para a decoración dos escaparates como mínimo dende o 22 ata o 30 de novembro. Dende o Concello de Carballo completaremos esa decoración facendo chegar aos interesados un identificador coa imaxe da campaña, ademais doutro material promocional. A día de hoxe superamos os 60 participantes, pero se algún establecemento non está rexistrado na base de datos de Promoción Económica e non recibiu a información sobre a campaña pode anotarse igualmente enviando un correo electrónico cos datos do negocio a este enderezo: carballoenrede@carballo.gal

Compartir: