Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Convocatoria de axudas para a conciliación da vida familiar e laboral 2021

Xoves 4 de novembro do 2021

O Concello de Carballo convoca unha liña de axudas para conciliación da vida familiar e laboral. Estas axudas responden ao interese da Área de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo por artellar políticas apropiadas para dar cobertura ás necesidades das familias con menores a seu cargo (de 3 a 12 anos, ou ata 16 cando os menores teñan recoñecida una discapacidade igual ou superior ao 33%), que precisen conciliar a súa vida laboral e familiar.

Estas axudas só se poderán recibir polos servizos contratados fóra dos centros escolares, e consistirán o reembolso do gasto realizado entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 30 de outubro de 2021. O prazo de solicitude comeza o 5 de novembro, e estará aberto durante 15 días naturais.

Podes descargar as bases, o extracto da convocatoria e o impreso máis abaixo.

Descargas

Compartir: