Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Ver localización

UDIAF - Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar

  • [Edificio del antiguo Ambulatorio] Avda. do Ambulatorio, nº 39. 15100 - Carballo
  • T.  881 946 410

Horario:

  • Mañás, de luns a venres de 9.00 a 14.30 horas
  • Tardes, luns, mércores e xoves de 16.00 a 20.00 horas.

UDIAF - Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar

A Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar de Bergantiños (UDIAF) naceu no ano 2014 promovida e xestionada pola AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá) e a Xunta de Galicia e grazas á cesión do local por parte do Concello de Carballo. O seu obxectivo é o de ofrecer unha asistencia integral, interdisciplinar e dende a proximidade aos nenos e nenas de cero a seis anos da comarca de Bergantiños que presenten discapacidades ou dificultades no seu desenvolvemento -con problemas motrices, de linguaxe ou de comportamento emocional e cognitivo ou en risco de padecelos- e tamén prestar apoio ás súas familias.

O centro está xestionado por unha psicóloga e coordinadora do servizo, unha psicomotricista e unha logopeda, ademais de persoal administrativo.  O espazo conta cunha recepción, tres salas de atención, unha sala de xuntanzas, unha oficina, un almacén e aseos.

Descargas



Galería

Compartir: