Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Ver localización

Escola Infantil As Landras

  • Estrada de Razo, s/n. 15100 - Carballo
  • T.  981 755 912

Escola Infantil As Landras

En setembro de 2004 inaugurouse en Carballo a Escola Infantil Municipal As Landras.  Acolle a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 3 anos.O servizo ten un límite de 61 prazas por curso académico e está atendida por 9 persoas entre persoal docente, educadores e persoal de servizos.

As tarifas  polos servizos da Escola Infantil As Landras están establecidas pola Xunta de Galicia. Determínanse atendendo ao nivel de ingresos das familias solicitantes, así como a outros aspectos como se se trata de familia numerosa, parto múltiple ou se o solicitante conta con irmáns ou irmás no centro.Para consultas acerca dos prazos de matriculación, os interesados e interesadas poden informarse na propia Escola Infantil.

Instalacións:

  • 2 aulas de 2 a 3 anos (con 40 prazas)
  • 1 aula de 1 a 2 anos (con 13 prazas)
  • 1 aula de 0 a 1 anos (con 8 prazas)
  • Sala de usos múltiples - zona de recreo
  • Oficinas
  • Comedor

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar



Galería

*/?>
Compartir: