Cheo na apertura das Xornadas Carballo na Memoria con Antón Rodríguez Casal, que guiou unha viaxe polos 50 anos da Carta Arqueolóxica de Bergantiños

As Xornadas Carballo na Memoria arrancaron cunha excelente resposta de público. Máis de 70 persoas encheron as Escolas do Xardín Agra de Caldas para asistir á conferencia de Antón Abel Rodríguez Casal, a primeira que ofrece desde a súa xubilación no ano 2022, e que estivo dedicada aos 50 anos da Carta arqueolóxica do partido […]
O Concello de Carballo apoia a demanda dunha conexión directa de transporte público coa zona hospitalaria da Coruña

O Concello de Carballo expresou hoxe o seu apoio á reivindicación impulsada por profesionais que se desprazan diariamente desde Bergantiños ata a zona hospitalaria da Coruña para reclamar unha conexión directa de transporte público adaptada ás súas quendas de traballo. A iniciativa conta xa con 258 sinaturas, todas elas de persoas directamente afectadas pola problemática, […]
381 persoas participaron na primeira xornada da campaña de control da tensión e o azucre

A nova campaña de concienciación e control da tensión arterial e dos niveis de azucre impulsada polo Concello de Carballo comezou hoxe cunha extraordinaria resposta da veciñanza. Un total de 381 persoas pasaron polo posto instalado na Praza do Concello ao longo da primeira xornada, coincidindo co mercado semanal dos xoves. A iniciativa está desenvolvida […]
Carballo renova a súa imaxe corporativa cunha identidade construída a partir de follas de carballo recollidas nas 18 parroquias

Carballo estrea imaxe. O Concello presentou este martes 1 de setembro a súa nova identidade corporativa, un redeseño que mantén a continuidade coa marca utilizada ata agora pero que incorpora unha novidade esencial: a silueta do novo Carballo está formada polas follas dos carballos das súas 18 parroquias. A presentación, celebrada nas Escolas do Xardín […]
Razo convértese esta semana na capital estatal do salvamento e socorrismo con máis de 600 participantes nos campionatos xuvenil, júnior e absoluto

Carballo xa respira ambiente de Campionato de España. A praia de Razo acollerá entre o 1 e o 6 de setembro dúas das grandes citas do calendario estatal de salvamento e socorrismo: o XXXVIII Campionato de España Xuvenil e Júnior de Praia, do 1 ao 3, e o XXXVIII Campionato de España Absoluto de Praia, […]
O Concello licita por 147.500 euros anuais os traballos de roza de espazos públicos para a prevención de incendios

O Concello de Carballo ten en licitación un novo contrato para a realización de traballos preventivos de roza en espazos urbanos e de uso público, destinados á prevención e defensa contra os incendios forestais. O prazo para a presentación de ofertas rematará o 15 de setembro. O contrato conta cun orzamento base de licitación de […]