O Concello aproveitou o verán para realizar melloras nos colexios como a reforma integral da escola de Xoane ou a aula sensorial do CEIP Bergantiños

O Concello de Carballo aproveitou un ano máis as vacacións de verán para executar numerosas actuacións de mellora, conservación e mantemento nos centros públicos de educación infantil e primaria do municipio, atendendo especialmente ás necesidades trasladadas polos seus equipos directivos ao remate do curso. Ás tarefas habituais que se realizan antes da volta ás aulas […]
O pleno aproba case un millón de euros para novas obras nas parroquias de Entrecruces, Sofán e Noicela

Despois da toma de posesión de Lucinda Serrano Tasende como concelleira do grupo municipal do Partido Popular, o pleno da corporación aprobou a participación do Concello de Carballo na segunda fase do POS+ Adicional 2/2026 da Deputación da Coruña, que permitirá mobilizar 957.963,69 euros en tres novos investimentos nas parroquias de Entrecruces, Sofán e Noicela. […]
Unha ducia de entidades, colectivos e equipos científicos colaboraron no programa Eu quero Razo-Baldaio para seguir revalorizando o litoral carballés

Co obradoiro Na procura das pegadas dos animais, celebrado este sábado no centro social de Lema, chegou ao seu remate unha nova edición de Eu quero Razo-Baldaio, o programa impulsado polo Concello de Carballo para promover durante todo o verán o coñecemento, o respecto e a conservación do litoral. Desde o 4 de xullo ata […]
Máis de trinta propostas para o deseño do novo equipamento que reforzará Carballo como referente cultural

O concurso de proxectos convocado polo Concello de Carballo, coa colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), para deseñar o novo equipamento cultural pechou ás 24.00 h de onte o prazo de presentación cunha elevada participación: máis de trinta propostas concorren á primeira fase do procedemento. A cifra pon de manifesto o interese […]
A Escola da Regueifa de Carballo abre o seu quinto curso para seguir mantendo viva a tradición oral entre xeracións

A Escola da Regueifa do Concello de Carballo inaugurou este venres o seu quinto curso, consolidada xa como un espazo estable para aprender, practicar e transmitir unha das expresións máis singulares do patrimonio oral galego. O Servizo de Normalización Lingüística promove desde o curso 2022-2023 esta iniciativa, dirixida pola regueifeira Lupe Blanco, coa vontade de […]
Carballo incrementou un 19% as doazóns de sangue en tres anos e supera en seis puntos a media galega

Carballo volve demostrar estes días o seu compromiso coa doazón de sangue coa nova campaña da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que comezou este xoves e continuará ata o sábado coa presenza dunha unidade móbil na Praza do Concello. O alcalde, Daniel Pérez, foi unha das persoas que se achegaron o primeiro […]