Carballo dá o salto da lectura á creación literaria cun obradoiro de escritura creativa en galego

A aposta do Concello de Carballo polo fomento da lectura e polo uso da lingua galega dá este curso un paso máis. Á consolidada oferta de clubs de lectura para diferentes idades sumarase unha nova proposta para todas aquelas persoas que, ademais de gozar lendo, queiran atreverse a escribir: un obradoiro de iniciación á escritura […]
Carballo aposta por unha mobilidade máis segura, activa, accesible e para todas as persoas cunha ampla programación para a Semana da Mobilidade

O Concello de Carballo súmase un ano máis á Semana Europea da Mobilidade, que nesta edición se celebrará do 13 ao 22 de setembro co lema Mobilidade para todas as persoas. A programación municipal traduce ese lema en 16 propostas que poñen o foco non só nos medios de transporte, senón tamén nunha maneira diferente […]
O Conservatorio Profesional de Música segue medrando e inicia o curso con 172 alumnos e alumnas

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo (CMUS) celebrou no auditorio do Pazo da Cultura o acto de presentación do curso 2026/27, dirixido ao conxunto da comunidade educativa e, de maneira especial, ao alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro e ás súas familias. A sesión serviu para dar a benvida […]
Carballo reforza a formación dos clubs deportivos cunhas xornadas sobre psicoloxía, seguros e dixitalización

O Concello de Carballo dará continuidade este outono ás Xornadas de formación para entidades deportivas, cuxa segunda edición terá lugar os días 5, 6 e 7 de outubro, de 20.00 a 22.00 horas, no Fórum Carballo. A iniciativa parte dunha proposta do Consello Deportivo Municipal, aprobada na sesión plenaria celebrada o pasado 7 de xullo, […]
A comisión técnica de seguimento de Baldaio reunirase o día 23, a proposta do Concello de Carballo, ante o risco dun novo peche da canle

A comisión técnica de seguimento da lagoa de Baldaio reunirase o vindeiro mércores 23 de setembro, ás 11.00 horas, en Santiago de Compostela, a petición do Concello de Carballo, despois de que nos últimos días se detectase unha progresiva redución da sección da canle e do intercambio de auga entre a lagoa e o mar. […]
O circuíto municipal prepárase para unha nova xornada de motor co 23º Autocross Carballo, puntuable para o campionato galego

O Circuíto Municipal de Carballo volverá converterse este sábado 12 de setembro nun dos grandes puntos de encontro do automobilismo galego coa celebración do 23º Autocross de Carballo, proba puntuable para o Campionato de Galicia de Autocross 2026. Hoxe presentamos a competición coa participación do alcalde, Daniel Pérez; o concelleiro de Deportes, Daniel Barreiro; Ernesto […]