A web oficial do concello de Carballo

Arrincan en Carballo os obradoiros escolares do programa Enreguéifate para mirar e mudar o mundo desde o universo da poesía oral improvisada

Obradoiro Enreguéifate

Hoxe deron comezo os obradoiros escolares da novena edición do Enreguéifate en Carballo, terra de longa tradición regueifeira. O proxecto, impulsado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, continúa a consolidarse como un referente na divulgación da improvisación oral en verso –a regueifa– como vía […]

As obras de aglomerado da estrada do Pereiro Vello a Outón completan o plan anual de pavimentación das vías municipais consideradas estruturais

Obras estrada aglomerado Pereiro Vello - Outón

O Concello de Carballo acometeu este ano cinco importantes proxectos viarios que acadan os dous millóns de euros de investimento. O obxectivo das actuacións é seguir acondicionando as vías consideradas estruturais, ben polo intenso uso que teñen ou ben por unir parroquias, aumentando o ancho da calzada cando é posible e pavimentándoa en todos os […]

O alcalde e o concelleiro de Promoción Económica mantiveron unha xuntanza co director xeral e o subdirector da Cámara de Comercio da Coruña  

O alcalde e o concelleiro de Promoción Económica mantiveron unha xuntanza co director xeral e o subdirector da Cámara de Comercio da Coruña

No marco da comunicación e colaboración que veñen mantendo as dúas institucións, o alcalde, Daniel Pérez, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, veñen de reunirse co director xeral e o subdirector da Cámara da Coruña, Manuel Galdo e Carlos Fernández. Na xuntanza falaron sobre a situación económica xeral, o importante papel que xoga […]

A Xunta de Goberno aproba un novo convenio de colaboración entre o Concello e a asociación Vieiro para a prevención das drogodependencias

sede Vieiro

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria deste luns a sinatura dun novo convenio entre o Concello de Carballo e a asociación Vieiro para seguir colaborando no ámbito da prevención das adiccións en todos os ámbitos. O acordo tamén inclúe os servizos de información, orientación, asesoramento e atención xurídico-social que presta a entidade […]