Investigadores/as de Barcelona achegan a arqueoloxía e a bioloxía ao alumnado carballés dentro do programa Talento Quilómetro Cero-TALK0

Dentro do proxecto Talento Quilómetro Cero (TALK0), que promove e coordina o Concello de Carballo, leváronse a cabo esta mañá novas charlas para estudantes nas que investigadores da Academia Joven de España achegaron con didáctica e de forma amena a investigación ao alumnado de Carballo. Temas tan dispares como a reconstrución do pasado a través […]
O talento do ciclo de Soldadura do IES Monte Neme que se imparte no Fórum Carballo prepárase para GaliciaSkills

O Fórum Carballo acolleu hoxe as probas para seleccionar os representantes do ciclo de grao medio de Soldadura e Caldeiraría do IES Monte Neme de cara a GaliciaSkills 2027. Xián Varela Álvarez, de Ponteceso, e Alejandro Teijeiro Andrade, de Carballo, foron os seleccionados nunha xornada que tamén serviu para poñer en valor o talento da […]
Carballo dá unha segunda vida a 203 plantas dos xardíns municipais cun reparto entre a veciñanza

Un total de 203 plantas retiradas dos xardíns municipais terán unha nova vida nos fogares carballeses grazas ao reparto realizado esta mañá no mercado municipal. Begonias e alegrías chegaron ás mans da veciñanza nunha iniciativa que o Concello puxo en marcha en 2022 para aproveitar os exemplares que aínda están en boas condicións cando se […]
Investigadores/as da Academia Joven de España achegan a ciencia ás aulas de Carballo

Daniel García González, coordinador da Academia Joven de España e profesor na Universidade Carlos III de Madrid, impartiu esta mañá unha charla ao alumnado do ciclo superior de Telecomunicacións do IES Monte Neme de Carballo sobre a robótica branda e a súa aplicación na investigación. O profesor faloulles aos futuros telecos sobre os materiais intelixentes […]
Carballo convida a vivir o outono presumindo de xardíns e dándolles unha nova vida ás plantas de temporada

Os xardíns de Carballo comezan a vestirse de Samaín. A colocación de cabazas, que vai camiño de converterse en tradición, xa está en marcha e, a partir do mércores 21 de outubro, os nenos e as nenas tamén poderán contribuír á decoración dos espazos públicos coas súas propias creacións. A proposta coincidirá co reparto entre […]
Carballo gaña espazos de estancia e convivencia nos barrios das Flores e da Braña

O Concello de Carballo vén de executar un proxecto de mellora da accesibilidade e do espazo público que inclúe actuacións na intersección das rúas Perú e Baixa, na zona da Braña, e no cruce das rúas Mirtos, Xeranios e Orquídea, no Barrio das Flores. As intervencións pretenden avanzar cara espazos urbanos máis accesibles, seguros e […]