O Concello convoca á veciñanza da rúa Compostela para informar das xestións realizadas ante a paralización das obras

O Concello de Carballo convoca á veciñanza da rúa Compostela a unha reunión informativa que terá lugar este venres 27 de novembro, ás 18.00 horas, na Escola de Arrabaldes, coa finalidade de dar conta das xestións realizadas polo goberno municipal ante a Deputación da Coruña a raíz da paralización das obras de reurbanización integral da […]
Comezan os obradoiros do Enreguéifate, para construír patrimonio na escola

Esta mañá comezaron os obradoiros escolares do Enreguéifate en Carballo. O proxecto, impulsado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Arzúa, A Baña, Carballo, Narón, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, procura na súa décima edición promover a regueifa, de longa tradición na comarca bergantiñá, como unha das manifestacións máis valiosas do noso patrimonio cultural inmaterial. […]
A presentación do calendario do 2027 marca o punto de partida dun ano dedicado á promoción do pan de Carballo

O Concello de Carballo presentou hoxe o calendario municipal de 2027, dedicado ao pan e ás persoas que o elaboran. O almanaque é un adianto do libro Pan de Carballo. Historia, tradición e sabor, que se publicará nos vindeiros meses, e tamén o primeiro paso dun ano con distintas accións de promoción e recoñecemento da […]
A Universidade Sénior pecha a súa cuarta edición en Carballo cun récord de 120 participantes e compromiso de continuidade

O Fórum Carballo acolleu este venres o acto de clausura da 4ª edición do Programa da Universidade Sénior da Universidade da Coruña en Carballo, no que participaron este ano 120 persoas maiores de 50 anos. O programa, impulsado pola Universidade Sénior da UDC, financiado pola Xunta de Galicia e desenvolvido en colaboración co Concello de […]
Carballo reforza o traballo en rede para mellorar a detección e a atención ás vítimas de violencia machista

Mellorar a atención ás vítimas de violencia machista require formación, coordinación e tamén coidar de quen as acompaña. Estes foron os eixes da xornada profesional En rede contra a violencia de xénero, celebrada esta mañá no Fórum Carballo dentro da programación municipal arredor do 25N. O encontro reuniu persoal de distintos servizos, entre eles a […]
O Concello de Carballo convoca os II Premios do Deporte cunha nova categoría dedicada ao deporte inclusivo

O Concello de Carballo vén de convocar os II Premios do Deporte, unha iniciativa promovida polo Consello Deportivo Municipal que ten como finalidade recoñecer publicamente as persoas, equipos e entidades que destacan polos seus logros deportivos, polo seu labor de promoción da actividade física e pola súa contribución ao desenvolvemento do deporte no municipio. A […]