A web oficial do concello de Carballo

A Xunta de Galicia acepta a solicitude do goberno municipal para establecer paradas de autobús no polígono industrial

Reunión Evencio Ferrero e Juan Seoane con empresarios do polígono - tema transporte

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Planificación, Juan Seoane, mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes do Polígono de Carballo para trasladarlles a información relativa á comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano, celebrada o martes en Santiago de Compostela, na que se abordaron as peticións presentadas polos 17 concellos da área metropolitana […]

A Escola de Hostalaría do Fórum Carballo acollerá cursos de cociña para nenos/as e maiores dentro do proxecto “GastroFórum”

Fórum Carballo - Escola de Hostalaría - Cociña

A Concellaría de Innovación, Formación e Emprego pon en marcha o proxecto GastroFórum, que agrupará a partir de agora todo tipo de actividades relacionadas coa gastronomía, a alimentación e a restauración dirixidas aos diferentes sectores da poboación.   A modo de estrea, a semana que vén realizaremos dúas actividades para fomentar a afección pola restauración […]