A violencia vicaria será o eixe central da programación do Concello de Carballo arredor do 25N

Utilizar as fillas e os fillos para facer dano ás súas nais, ameazar con afastalos delas, instrumentalizar os vínculos afectivos ou exercer violencia sobre os animais de compañía para provocar sufrimento, intimidar ou controlar unha muller son distintas manifestacións dunha mesma realidade: a violencia vicaria. Esta forma de violencia machista será o eixe central da […]
O campamento de Nadal ofrecerá 100 prazas para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares

O Concello de Carballo prepara unha nova edición do seu campamento infantil de Nadal cunha proposta que sitúa a conciliación familiar no centro e incorpora o deporte e o coidado da auga como fíos condutores das actividades. O AugaCamp de Nadal estará dirixido a nenos e nenas escolarizados en Infantil e Primaria e contará con […]
Unha trintena de investigadores e investigadoras reuniranse este Nadal en Carballo para formarse en comunicación científica

Carballo converterase este Nadal nun punto de encontro para o talento investigador. Trinta investigadores e investigadoras xa están inscritos na xornada de formación en comunicación científica que se celebrará o martes 29 de decembro no Fórum Carballo, dentro da programación do proxecto europeo Talento quilómetro cero, TALK0. A cifra podería seguir aumentando nos próximos días, […]
Arrincan os obradoiros de arranxos florais do programa Remocea coa participación de 116 persoas en oito parroquias

O programa municipal de envellecemento activo Remocea continúa despregando a súa oferta coa posta en marcha dos obradoiros de arranxos florais. Nesta primeira quenda participarán un total de 116 persoas de Bértoa, Carballo, Goiáns, Razo, Oza, Cances, Entrecruces e Verdillo. A iniciativa combina a aprendizaxe de técnicas creativas coa oportunidade de compartir tempo e fortalecer […]
Carballo aposta pola crianza en galego con recursos de apoio ás familias en colaboración con Alingua e o Consello da Cultura Galega

A promoción do uso do galego desde os primeiros anos de vida constitúe unha das liñas de traballo do Concello de Carballo, unha aposta que tamén se proxecta a través de Alingua, a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, que preside o concelleiro carballés Ramón Varela. Neste marco, Santiago de Compostela acolleu onte, sábado […]
Carballo e Coristanco avanzan na mellora dos seus equipamentos públicos a través do obradoiro de emprego Lubiáns II

Os concellos de Carballo e Coristanco continúan a desenvolver o obradoiro dual de emprego Lubiáns II, unha iniciativa de colaboración municipal que combina a formación profesional de persoas desempregadas coa mellora de equipamentos e espazos públicos dos dous municipios. Os alcaldes de Carballo e Coristanco, Daniel Pérez e Juan García, visitaron hoxe as obras que […]