Carballo acolle as II Xornadas de Transferencia entre os grupos de investigación sobre o territorio das universidades da Coruña e Santiago

Carballo convértese esta fin de semana no centro do debate sobre o desenvolvemento local coa celebración das II Xornadas de Transferencia GET-ANTE. Baixo o título “Colaboración público-privada e comunitaria para a Axenda de Desenvolvemento Local de Carballo”, o evento reúne a investigadores da Universidade da Coruña (UDC) e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) […]
Baiuca, primeira confirmación estrela para o San Xoán 2026!

Tras a recente presentación do fermoso cartel deseñado pola artista local Isa Bermúdez, chega a primeira gran confirmación musical para o San Xoán deste ano: Baiuca. O proxecto liderado por Alejandro Guillán, que revolucionou a escena musical ao fusionar a música tradicional galega coa electrónica de vangarda, será o encargado de poñer banda sonora á […]
Carballo celebra a mirada artística e a memoria cultural na entrega de premios do 28.º Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

O andar -1 do Pazo da Cultura de Carballo vestiuse de gala este mércores para a entrega de galardóns e a inauguración da exposición da 28ª edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, un evento que, tras case tres décadas de traxectoria, reafírmase como un referente nacional, como avalan as cifras: 117 obras presentadas de […]
O Concello escoita as reivindicacións da plataforma veciñal e presentará alegacións contra a planta de biogás da Laracha

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas, mantiveron unha reunión cos representantes da plataforma contra a planta de biogás da Laracha, que quixeron trasladar ao noso concello a súa postura fronte a un proxecto que está a xerar unha fonda preocupación social e ambiental en todos os concellos da […]
O Conservatorio Municipal de Música abre os prazos de admisión para o novo alumnado de Iniciación e Grao Elemental

O Conservatorio Municipal de Música de Carballo (CMUS) pon en marcha o proceso de admisión para o vindeiro curso, no que convidamos a nenos e nenas a descubrir os beneficios da formación musical a través dos programas de Iniciación Musical e Grao Elemental. O centro ofrece dúas vías principais de acceso dependendo da idade e […]
A Xunta de Goberno Local aprobou a licenza que permitirá rematar un edificio de 19 vivendas na rúa Labarta Pose

O Concello de Carballo deu hoxe un paso máis para reforzar o mercado da vivenda no casco urbano. A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para o remate das obras nun edificio situado na rúa Enrique Labarta Pose, que quedara parado por mor da crise inmobiliaria. O proxecto inclúe a finalización dun bloque que […]