A web oficial do concello de Carballo

A UDIAF atendeu o ano pasado a 155 familias e consolidou a súa ampliación con dúas novas salas cedidas polo Concello

Visita Daniel Pérez e Maica Ures á UDIAF

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Maica Ures, visitaron as instalacións da Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar de Bergantiños (UDIAF-Bergantiños) para coñecer de primeira man os resultados da Memoria de Actividades de 2025. Durante a visita, as autoridades locais puideron comprobar a importancia deste servizo […]

Carballo amosa en Expocidades, a feira de turismo do Eixo Atlántico, o seu potencial como referente de turismo activo e arte urbana

EXPOCIDADES

O Concello de Carballo reforza a súa proxección internacional coa súa participación na novena edición de Expocidades, que ten lugar na localidade portuguesa de Amarante. O stand carballés preséntase nesta cita clave para o turismo de proximidade do Eixo Atlántico cunha oferta diversificada que conxuga natureza, cultura vangardista e tradición. A presenza carballesa ten obxectivo […]