Récord de inscrición e moita participación local no XXII Autocross Carballo, que reunirá este sábado a 88 pilotos no circuíto municipal

O Concello de Carballo volve vibrar co mellor automobilismo coa celebración do XXII Autocross Carballo, unha das citas máis agardadas do calendario deportivo que se disputará integramente este sábado, 6 de xuño. A proba, organizada polo Club Rally Coruña en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo (FGA), reunirá 88 pilotos no trazado carballés, que estrea […]
A biblioteca municipal acolle a mostra de traballos das actividades lúdico-formativas do programa Remocea

A biblioteca municipal Rego da Balsa convértese no escaparate do talento, o esforzo e a creatividade das persoas maiores do noso concello. Unha exposición reúne unha variada selección de pezas realizadas polo alumnado que participou nas actividades lúdico-formativas do programa Remocea, impartidas entre outubro e maio. Á apertura da mostra acudiron o alcalde, Daniel Pérez, […]
O Concello de Carballo abre o prazo para catro novas liñas de subvencións destinadas a entidades deportivas e o pago de subministracións enerxéticas

O Concello de Carballo dinamiza o seu tecido asociativo e activa o escudo social municipal coa apertura do prazo de solicitude para tres liñas de subvencións aprobadas pola Xunta de Goberno Local. Estas son as convocatorias abertas: As bases completas e os impresos de solicitude están dispoñibles no apartado específico de Axudas e Subvencións: https://carballo.gal/axudas-e-subvencions/.
A ruleta do CCA Carballo estrea formato electrónico e repartirá máis de 1.500 premios o 6 de xuño

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo ultima os preparativos para a sétima edición da campaña Que rule, que rule!, que se celebrará o sábado 6 de xuño na Praza do Concello (no caso de choiva trasladarase ao mercado municipal). A cita contará coa participación de 61 comercios e 96 empresas colaboradoras. A gran novidade […]
O II Torneo Rítmica Carballo reunirá este sábado a 700 deportistas no pavillón Vila de Noia

Este sábado, 6 de xuño, o pavillón municipal Vila de Noia vestirase de gala para acoller a segunda edición do Torneo Rítmica Carballo, un evento que experimenta un crecemento espectacular e que reunirá nesta ocasión a preto de 700 ximnastas procedentes de diversos clubs das provincias da Coruña, Lugo e, moi especialmente, Pontevedra. A xornada […]
Máis de 150 persoas maiores melloran as súas habilidades dixitais co programa municipal de uso dos teléfonos móbiles

O Concello de Carballo pecha esta semana, cun balance moi positivo, unha nova edición dos obradoiros de capacitación dixital centrados no uso de teléfonos móbiles, unha iniciativa dirixida a persoas maiores de 60 anos. Ao longo do curso actual (desenvolvido entre outubro de 2025 e xuño de 2026), un total de 157 veciños e veciñas […]