A web oficial do concello de Carballo

A 10K Concello de Carballo pecha unha edición histórica con novo récord da proba e unha participación masiva

10k 2026

O Concello de Carballo, a través da súa área de Deportes, quere trasladar a súa máis entusiasta felicitación a todos/as os/as deportistas, acompañantes e público asistente á XIV Carreira Popular Concello de Carballo, celebrada este pasado domingo. A xornada saldouse cun balance inmellorable grazas ao extraordinario e deportivo comportamento amosado por toda a cidadanía durante […]

Máis de 200 participantes no programa Remocea encheron o salón de plenos na clausura da escola de informática e dos talleres de actividades lúdico-formativas e estimulación cognitiva

Clausura Remocea 2026

O salón de plenos do Concello de Carballo quedou pequeno como poucas veces no acto de clausura de tres das actividades centrais do programa municipal Remocea: os talleres de estimulación cognitiva (memoria), as actividades lúdico-formativas e a escola de informática. Máis de 200 veciños e veciñas —das 310 persoas que participaron en total nestas tres […]

O Concello de Carballo e a Deputación culminan a transformación integral da travesía de Sísamo cun investimento global de 3,5 millóns de euros

Visita presidente Deputación rúa Compostela

O Concello de Carballo e a Deputación da Coruña completaron unha das actuacións máis ambiciosas e demandadas pola veciñanza. O alcalde de Carballo, Daniel Pérez; o presidente provincial, Valentín González Formoso, e a deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, supervisaron hoxe o resultado final da terceira e última fase das obras da travesía de […]