A web oficial do concello de Carballo

Carballo, referente estatal en divulgación científica tras acadar a máxima puntuación na convocatoria Marie Curie da UE

O concelleiro de Innovación, Fondos Europeos, Formación, Emprego e Axenda Urbana, Iván Andrade, falou este venres en Madrid na xornada Vocacións científicas sen fronteiras: rompendo barreiras sociais e territoriais, organizada por Pint of Science España

O Concello de Carballo consolídase como un referente estatal na democratización do coñecemento. O concelleiro de Innovación, Fondos Europeos, Formación, Emprego e Axenda Urbana, Iván Andrade, falou este venres en Madrid na xornada Vocacións científicas sen fronteiras: rompendo barreiras sociais e territoriais, organizada por Pint of Science España e na que participaron representantes do CSIC […]

Escolares de Carballo súmanse á campaña do Concello e CEE Aspaber para sensibilizar á veciñanza sobre a limpeza dos excrementos caninos

Campaña cans CEIP A Cristina

Nunha xornada marcada pola creatividade e o compromiso cívico, o alumnado do CEIP Plurilingüe A Cristina levou a voz cantante na presentación dunha nova campaña coa que queremos sensibilizar á veciñanza sobre a limpeza dos excrementos caninos. Non é a primeira vez que, en colaboración co Centro Especial de Emprego (CEE) Aspaber, que se encarga […]