O Concello de Carballo pon á disposición da veciñanza un modelo de alegacións individuais contra a planta de biogás da Laracha

O Concello de Carballo informa de que xa está dispoñible na páxina web municipal (carballo.gal) o modelo de alegación tipo individual para que toda a veciñanza que o desexe poida participar no trámite de información pública do proxecto da planta de biogás proxectada no veciño concello da Laracha. Cun documento amplo e fundamentado, o obxectivo […]
Carballo, Arteixo e A Laracha alíanse para impulsar ‘Cognix’, un pioneiro programa de IA para optimizar os investimentos municipais

Os concellos de Carballo, Arteixo e A Laracha suman forzas para situarse na vangarda da xestión pública grazas ás novas tecnoloxías. Os tres municipios colaborarán no desenvolvemento do proxecto Cognix, unha ambiciosa plataforma de intelixencia artificial (IA) que presentarán de forma conxunta á convocatoria da Iniciativa Urbana Europea, un programa dependente directamente da Comisión Europea. […]
Carballo volve converter os bares en laboratorios coa terceira edición do festival de divulgación científica Pint of Science

Carballo prepárase para demostrar, un ano máis, que a ciencia non só se fai en bata branca e laboratorios pechados, senón tamén entre cafés e cañas. O alcalde, Daniel Pérez; os cinco membros do equipo organizador e o cartel de investigadores e investigadoras tamén ao completa, presentaron este domingo na Tasca Loirasa de Sofán a […]
Carballo aposta pola creatividade dixital cunha nova edición de campamentos tecnolóxicos de verán na Aula CeMIT

A Concellaría de Innovación desenvolverá este verán unha ampla programación de campamentos tecnolóxicos na Aula CeMIT, unha iniciativa enmarcada nos obxectivos do proxecto Talento km 0 (TALK0) e deseñada para que a rapazada de entre 7 e 14 anos desenvolva as súas competencias dixitais dun xeito lúdico e práctico. O obxectivo da proposta é fomentar […]
Catorce entidades participarán o domingo 24 de maio no II Feirón en rede Carballo Solidario

Carballo celebrará o domingo 24 de maio a segunda edición do Feirón en rede “Carballo solidario”, que estaba previsto para o 12 de abril e tivo que ser adiado polo mal tempo. A iniciativa que busca poñer en valor o traballo das entidades sociais do municipio e achegalo á cidadanía nun espazo aberto, participativo e […]
Completado o plan anual de mellora de camiños rurais para facilitar a actividade agrogandeira

O Concello de Carballo deu por finalizado o programa anual de mellora de camiños rurais cunha visita ao lugar do Outón, na parroquia de Rus. O alcalde, Daniel Pérez, xunto cos concelleiros de Obras e Servizos, Luis Lamas e Miguel Vales, realizaron un agradable percorrido, acompañados por un numeroso grupo de veciños e veciñas, para […]