Carballo activa o dispositivo especial de seguridade pola eclipse solar cun efectivo de máis de 40 profesionais

O Concello de Carballo ten xa en marcha o dispositivo especial de seguridade, tráfico e emerxencias previsto con motivo da eclipse solar deste mércores 12 de agosto, ante o incremento de desprazamentos e de afluencia de persoas que se agarda ao longo da xornada. Os responsables municipais e dos distintos servizos implicados celebraron esta mañá […]
Carballo reforzará o dispositivo de seguridade e tráfico con motivo da eclipse do 12 de agosto

O Concello de Carballo está a preparar un dispositivo especial de seguridade, tráfico e emerxencias ante o incremento de desprazamentos que se prevé para o vindeiro mércores 12 de agosto con motivo da eclipse solar. Os concelleiros de Policía e Protección Civil, Juan Seoane e Miguel Vales, respectivamente; o inspector da Policía Local, Pedro Cancela, […]
A responsable europea do TALK0 coñece sobre o terreo as iniciativas do Concello de Carballo para achegar a ciencia á rapazada

A ciencia entrou hoxe de cheo nos campamentos de verán de Carballo. Catro investigadoras do municipio compartiron unha mañá coa rapazada a través de xogos, experimentos e actividades prácticas nunha nova acción do proxecto europeo Talento Quilómetro Cero (TALK0). A xornada contou ademais coa presenza de Emérita Soliño, Project Officer do proxecto, que se desprazou […]
Daniel Pérez celebra que a Xunta recoñeza e asuma a necesidade de abrir de maneira urxente a canle de Baldaio

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, valorou de maneira moi positiva que a Administración autonómica asuma finalmente a posición defendida desde o primeiro momento polo goberno municipal: a necesidade de acometer con carácter urxente a apertura mecánica da canle da lagoa de Baldaio. A proposta de protocolo remitida pola Xunta ao Concello inclúe como principal […]
O Concello pon a disposición das entidades deportivas 25 instalacións para a temporada 2026/2027. Hoxe, último día de solicitude!

O Concello de Carballo mantén aberto ata hoxe, 6 de agosto, o prazo para que as entidades deportivas soliciten a reserva das instalacións municipais de cara á tempada 2026/2027. A convocatoria ten como obxectivo garantir unha distribución equilibrada e eficiente dos equipamentos deportivos, atendendo ás necesidades das distintas entidades e favorecendo a conciliación dos horarios […]
O Concello renovará a pista deportiva da Milagrosa cun deseño inspirado nas alfombras florais

O Concello de Carballo vén de iniciar as obras de renovación integral da pista deportiva situada na praza da Milagrosa. A actuación está valorada en 44.168,51 euros, e, se todo vai segundo o previsto e a climatoloxía acompaña, podería estar rematada para as festas do barrio. O obxectivo da actuación é recuperar as condicións axeitadas […]