O Concello de Carballo seguirá de preto a evolución dos traballos para recuperar a conexión natural entre a lagoa de Baldaio e o mar

Os traballos para recuperar a conexión natural entre a lagoa de Baldaio e o mar xa están en marcha. A actuación, executada pola Xunta de Galicia no marco do protocolo acordado co Concello de Carballo, ten como obxectivo retirar a acumulación de area que bloquea a canle estuarina e restablecer progresivamente o intercambio de auga […]
Carballo converterase durante 13 días no centro de referencia do xadrez galego con tres competicións consecutivas

Carballo vivirá entre o 15 e o 27 de agosto trece días ininterrompidos de xadrez, cunha programación que abrangue desde a iniciación e as actividades abertas a todos os públicos ata a competición de máximo nivel. O alcalde de Carballo, Daniel Pérez; o concelleiro de Deportes, Daniel Barreiro; Óscar del Prado, en representación do Club […]
O Concello de Carballo impulsa as vendas do comercio local cun programa formativo en “visual merchandising”

O Concello de Carballo puxo en marcha esta semana unha nova acción impulsada desde a Concellaría de Promoción Económica e dirixida á modernización, a dinamización e o impulso do sector comercial. Estes son os obxectivos do programa Formación 360, un curso especializado en visual merchandising e estratexias de venda, deseñado especificamente para fortalecer as competencias […]
Carballo reforza as medidas de aforro de auga tras a declaración de alerta por escaseza na bacía do Anllóns

O Concello de Carballo reforzará desde hoxe as medidas de aforro de auga despois de que a Xunta de Galicia acordase elevar a alerta por escaseza a situación na unidade territorial do río Anllóns, na que está incluído o municipio. A decisión foi adoptada este martes pola Oficina Técnica da Seca de Augas de Galicia […]
O parque inmobiliario de Carballo segue a medrar ao tempo que se recuperan edificios inacabados na zona urbana

O mercado residencial de Carballo continúa dando sinais de reactivación. Á recuperación de edificios que permaneceron durante décadas inacabados e aos novos proxectos públicos e privados previstos para os próximos anos súmanse agora novas actuacións de menor escala que permiten incorporar vivenda ao mercado aproveitando tanto novos solares como inmobles xa existentes. A Xunta de […]
Alumnado de Arquitectura da UDC estudará durante dous cursos o ámbito de Pedra do Sal e elaborará as súas propias propostas de intervención

O ámbito de Pedra do Sal-Baldaio converterase durante os dous próximos cursos nun espazo de estudo e experimentación para o alumnado da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. No marco da materia de Proxectos Arquitectónicos, os e as estudantes analizarán este territorio e elaborarán diferentes propostas de intervención e posta en valor. […]