Un total de 1.785 persoas participaron na campaña de control da tensión e do azucre desenvolvida polo alumnado do Obradoiro Dual de Emprego Lubiáns II

A campaña de sensibilización e control da tensión arterial e dos niveis de azucre desenvolvida durante o mes de setembro en Carballo pechou hoxe cun balance de participación excepcional. Un total de 1.785 persoas pasaron polo posto atendido polo alumnado da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais do Obradoiro Dual de […]
Daniel Pérez solicitou na comisión de seguimento de Baldaio un protocolo de actuación para abrir a canle cando sexa preciso mentres non se afronta a solución definitiva

A comisión técnica de seguimento da lagoa de Baldaio reuniuse hoxe en Santiago de Compostela, a petición do Concello de Carballo, para analizar a evolución da canle que comunica a lagoa co mar. O alcalde, Daniel Pérez, destacou a necesidade de avanzar en dúas liñas de traballo: establecer un procedemento para actuar de inmediato cando […]
A Xunta de Goberno Local aproba definitivamente a expropiación dos terreos para completar o gran corredor verde do Rego da Balsa
A Xunta de Goberno Local aprobou definitivamente o proxecto de expropiación dos terreos do ámbito SX-EL6, un paso decisivo para dispoñer do solo necesario para completar o gran corredor verde previsto polo PXOM na contorna do Rego da Balsa e seguir avanzando no proxecto de renaturalización incluído no Plan EDIL. A actuación permitirá incorporar 17.774 […]
Onda Bocata volve a Razo do 25 ao 27 de setembro para alongar a tempada turística coa gastronomía como reclamo

A praia de Razo volverá converterse esta fin de semana nun gran punto de encontro arredor da gastronomía coa celebración da segunda edición de Onda Bocata, o festival do bocadillo gourmet, que se desenvolverá do venres 25 ao domingo 27 de setembro. A iniciativa foi presentada este luns no Museo de Bergantiños coa participación do […]
A Xunta recoñece o Concello de Carballo como parte interesada no procedemento ambiental da planta de biogás da Laracha

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Xunta de Galicia vén de recoñecer oficialmente ao Concello de Carballo como parte interesada no procedemento de outorgamento da autorización ambiental integrada e de avaliación de impacto ambiental ordinaria da planta de produción de biogás promovida por Bioenergía A Coruña, SLU, no concello da Laracha. A […]
A Noite Europea das Persoas Investigadoras medra en Carballo para converter o noso concello nun gran espazo para a ciencia durante toda unha semana

Durante unha semana, Carballo vai ser un gran espazo para a ciencia. Esa é a idea que resume a programación presentada este venres arredor da Noite Europea das Persoas Investigadoras, unha iniciativa que no noso concello vai moito máis alá dunha noite para estenderse do 21 ao 27 de setembro e levar a divulgación científica […]