A web oficial do concello de Carballo

O Concello pon a disposición das entidades deportivas 25 instalacións para a temporada 2026/2027. Hoxe, último día de solicitude!

Piscina Vila de Noia

O Concello de Carballo mantén aberto ata hoxe, 6 de agosto, o prazo para que as entidades deportivas soliciten a reserva das instalacións municipais de cara á tempada 2026/2027. A convocatoria ten como obxectivo garantir unha distribución equilibrada e eficiente dos equipamentos deportivos, atendendo ás necesidades das distintas entidades e favorecendo a conciliación dos horarios […]

Eu quero Razo-Baldaio acadou as 250 participacións nun primeiro mes marcado pola elevada resposta do público

Ioga en Baldaio

O programa municipal de sensibilización ambiental e turismo consciente Eu quero Razo-Baldaio pechou o seu primeiro mes cun balance moi positivo. As actividades desenvolvidas ao longo de xullo acadaron as 250 participacións, cunha elevada ocupación das prazas dispoñibles e numerosas convocatorias ao completo. A resposta do público confirma a consolidación dun programa que, edición tras […]