O Concello de Carballo convoca os II Premios do Deporte cunha nova categoría dedicada ao deporte inclusivo

O Concello de Carballo vén de convocar os II Premios do Deporte, unha iniciativa promovida polo Consello Deportivo Municipal que ten como finalidade recoñecer publicamente as persoas, equipos e entidades que destacan polos seus logros deportivos, polo seu labor de promoción da actividade física e pola súa contribución ao desenvolvemento do deporte no municipio. A […]
O Concello de Carballo destina máis de 180.000 euros a apoiar a actividade dos clubs e a organización de eventos deportivos

A Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo aprobou a concesión definitiva de 180.726,66 euros en subvencións destinadas ao tecido deportivo local, distribuídas en dúas liñas de axudas para financiar a actividade ordinaria dos clubs e asociacións e a organización de eventos e actividades deportivas de carácter extraordinario. Con esta achega, o Concello continúa […]
Carballo acollerá a gala do Enreguéifate, o proxecto que leva unha década impulsando a regueifa entre a mocidade

O Pazo da Cultura de Carballo converterase o 27 de abril de 2027 no punto de encontro da regueifa galega coa celebración da gala de entrega de premios da décima edición do Enreguéifate, un proxecto de dinamización lingüística que leva unha década promovendo o uso do galego entre a infancia e a mocidade a través […]
O Concello de Carballo renova a colaboración con Vieiro cunha achega de 6.000 euros para a prevención das adiccións e o apoio ás familias

O Concello de Carballo e a Asociación Antidroga Vieiro renovaron este martes a súa colaboración para dar continuidade aos programas de prevención das adiccións, atención ás persoas afectadas e acompañamento ás súas familias. O alcalde, Daniel Pérez, e a presidenta da entidade, Fina Rey Baldomir, asinaron un convenio que establece unha achega municipal de 6.000 […]
Carballo, concello pioneiro na incorporación de sensores e intelixencia artificial á recollida do residuo téxtil

Carballo é o primeiro concello en implantar un sistema intelixente para optimizar a recollida do residuo téxtil. Insertega, a empresa de economía social que se encarga da xestión deste residuo no noso concello, presentou hoxe a iniciativa, que está baseada na instalación de sensores volumétricos nos colectores e na utilización de intelixencia artificial para planificar […]
O Concello de Carballo aproba unha oferta de emprego público con 18 prazas para reforzar os servizos municipais

A Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo aprobou na sesión ordinaria deste luns a Oferta de Emprego Público (OEP) correspondente ao ano 2026, integrada por un total de 18 prazas, co obxectivo de avanzar na cobertura das necesidades de persoal da Administración municipal e reforzar a prestación dos servizos públicos. A oferta inclúe […]