Promoción Económica

Promoción Económica

A Feira das Oportunidades regresa a Carballo do 7 ao 9 de marzo cunha trintena de expositores

Representantes do comercio local presentaron a iniciativa xunto co alcalde e o concelleiro de Feiras e Mercados

Martes 4 de marzo do 2025 Promoción Económica

Carballo prepárase para acoller a XVII edición da Feira das Oportunidades (FOP2025), que terá lugar do 7 ao 9 de marzo no Rego da Balsa. Coincidindo coa primeira xornada dominical de feira do mes, este evento xa consolidado converterase de novo no gran escaparate do comercio local para ofrecer produtos de calidade a prezos inigualables. Representantes do comercio local presentaron a iniciativa na casa do concello, acompañadas polo alcalde, Evencio Ferrero, e polo concelleiro de Feiras e Mercados, Ramón Varela.

A FOP2025 contará cun total de 30 stands distribuídos entre a zona interior da carpa e o espazo exterior, nas que non faltarán sectores tan característicos como o téxtil, calzado, complementos ou xoguetes xunto a outros destacados de venda de 2ª man, alimentación, automoción ou maquinaria de gran volume.

No interior instalaranse 26 expositores, incluída unha ampla zona infantil e un posto de información do Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo. No exterior, haberá 4 expositores, entre os que destacan tres concesionarios locais -Dimolk (Peugeot-Nissan), Huypersa Motor (Hyundai) e Corgal Automóviles-Centauto (Kia-SWM), así como Alquileres Reneymar, que presentará unha exposición de material de 200 m².

Unha xornada moi familiar

A feira tamén ofrece actividades para os máis pequenos/as. A zona infantil, de 24 m2, contará cunha área de xogos e entretemento dispoñible durante toda a fin de semana. Ademais, o sábado 8 de marzo, de 18:00 a 20:00 horas, celebrarase un obradoiro de robótica, programación e xogos de mesa, dirixido a nenos e nenas de 4 a 15 anos e de acceso libre sen inscrición previa.

O domingo 9 será a quenda da I Pequefeira, unha iniciativa que permitirá que os máis cativos/as experimenten a sensación de ser comerciantes por unhas horas, vendendo os seus propios produtos, elaborados de forma artesanal ou recolectando artigos de segunda man que sexan da súa propiedade. Para participar nesta inicitaiva, que se desenvolverá de 11 a 14 horas, será necesario realizar unha inscrición previa a través do seguinte formulario https://forms.gle/r2Z2tu9BPeGgdCCFA. A realización desta actividade, dependerá da inscrición dun número mínimo de participantes.

Expositores

  • Interior da carpa:
A Fragua, Akira, Atelier, Benetton, Buy&Sell, Calzados Susa, DV Carballo, Federópticos Nicolás, Jorge Moda, La Casita de Lu, Madeixalazos, Maker Store, Moda Suárez, Necos, O Barco dos Soños, Refugallo Zero, Regalosyregalitos.com, Retoños, Son Artesana, Sweet Spirit, Terra Patagonia, www.regalosypersonalizados.com, Xoguetería Merliño e Zocas.
  • Zona exterior:
Dimolk (Peugeot-Nissan), Hyupersa Motor (Hyundai), Corgal Automóviles- Centauto (Kia-SWM) e Alquileres Reneymar.



Galería

Compartir: