Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Autorizados dez novos vaos permanentes

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Autorizados dez novos vaos permanentes

Luns 6 de febreiro do 2006

A Xunta de Goberno Local celebrada este luns acordou a autorización de dez novos vaos permanentes en distintas zonas de Carballo. Estas solicitudes de licenza, que se suman outras xa autorizadas en sesións anteriores, estanse a realizar a raíz da campaña de inspección dos vaos irregulares nas vías urbanas da localidade. As novas licenzas de vao permanente correspóndense coas rúas Xesta, Río Miño, Río Lérez, Avda. Fisterra, Río Ulla (2), Uruguai, Río Anllóns, Portugal e Avda. Cristina.

Aprobadas as bases do concurso de disfraces, comparsas e carrozas do Antroido

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobadas as bases do concurso de disfraces, comparsas e carrozas do Antroido

Luns 6 de febreiro do 2006

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa última sesión as bases do Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas do Antroido 2006, a celebrar en Carballo entre o 24 e o 28 de febreiro. O programa deseñado pretende fomentar a participación de tódolos cidadáns, favorecer a súa creatividade e crear un ambiente festivo nas rúas e prazas. Ademáis do Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas, o programa inclúe charangas e outros grupos de animación de rúa, obradoiros de elaboración de disfraces, máscaras e maquillaxe e xogos destinados especialmente aos nenos e nenas, un Desfile-Concentración escolar e outras actividades de animación.

Comeza a construcción de dúas das naves da Casa dos Oficios

OBRAS

Comeza a construcción de dúas das naves da Casa dos Oficios

Xoves 2 de febreiro do 2006

A empresa Indeza comezou a traballar sobre o terreo onde se levantará a Casa dos Oficios, no barrio da Milagrosa. Logo de realizar os traballos de excavación, drenaxe e cubrición, para confirmar a resistencia idónea do terreo, comezouse co encofrado das zapatas sobre as que se colocará a estructura metálica das dúas primeiras naves da Casa dos Oficios.

Carmen Dor abre o a serie de concertos ‘En feminino’

CULTURA

Carmen Dor abre o a serie de concertos ‘En feminino’

Xoves 2 de febreiro do 2006

A cantante galega Carmen Dor será a encargada de abrir, este venres 3 de febreiro, a serie de concertos En feminino incluidos na programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo. A actuación terá lugar no Pazo da Cultura, a partir das 21,00 horas, sendo a entrada gratuita. Coa súa actuación Canción Atlántica Carmen Dor realizará unha homenaxe a todas as formas musicais de canción dos países que baña o océano Atlántico: bossa nova, samba, salsa, fado, canción galega, inglesa, francesa... unha fermosa selección que interpretará acompañada do pianista Alfredo Susavila, co que tamén está a preparar o seu segundo traballo en solitario.

Últimas semanas para inscribirse na Campaña de Esquí

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

Últimas semanas para inscribirse na Campaña de Esquí

Mércores 1 de febreiro do 2006

O Concello de Carballo mantén aberto, ata o día 24 de febreiro, o prazo de inscrición para participar da Campaña de Esquí que, para nenos de 10 a 13 anos, organiza a Deputación da Coruña. Ata esa data pódense recoller no Concello as solicitudes, que se dirixirán ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Carballo, presentándose no Rexistro Xeral, no primeiro andar. No caso de ter máis solicitudes que o número de prazas concedidas polo Deputación (17), farase un sorteo público ante o secretario do Concello, que terá lugar o día 3 de marzo ás 13,30 horas na Casa do Concello de Carballo.

O Concello xa dispón de novo rueiro

ACORDO PLENARIO

O Concello xa dispón de novo rueiro

Mércores 1 de febreiro do 2006

O Concello de Carballo ven de actualizar o rueiro da localidade, despóis de que a Corporación Municipal aprobara, na sesión plenaria ordinaria do pasado luns, a denominación de novas rúas tanto no casco urbano como no Polígono Industrial de Bértoa.

Protección Civil realizou 125 intervencións en xaneiro

BALANCE MENSUAL

Protección Civil realizou 125 intervencións en xaneiro

Mércores 1 de febreiro do 2006

Protección Civil de Carballo realizou un total de 125 intervencións o pasado mes de xaneiro, das que destacan 11 por accidentes ou limpeza nas estradas e 13 por colaboración coa pista de xeo. En total, Protección Civil invertiu 282 horas nas intervencións realizadas o pasado mes.

Antonio Longueira tomou posesión como concelleiro

PLENO ORDINARIO

Antonio Longueira tomou posesión como concelleiro

Martes 31 de xaneiro do 2006

A sesión plenaria do mes de xaneiro contemplou a toma de posesión como concelleiro de Antonio Nogueira Casais, do grupo municipal do CDI, despóis da renuncia de Vanesa Viña o pasado mes de novembro. Coa incorporación de Antonio Longueira, a Corporación Municipal volve a estar ao completo e, en principio, farase cargo das áreas que antes dirixía a súa compañeira de partido.

Aprobada a denominación de novas rúas para a localidade

PLENO ORDINARIO

Aprobada a denominación de novas rúas para a localidade

Martes 31 de xaneiro do 2006

A Corporación Municipal de Carballo aprobou, na sesión plenaria ordinaria do mes de xaneiro, a denominación de novas rúas para a localidade. Foi un dos puntos máis debatidos dunha proposta que permitirá cambiar os viais do Polígono Industrial de Bértoa por nomes de rúa que fan referencia a metais e materiais, como o Cobre, Titanio, Bronce, Lousa, Ferro, Prata, Estaño, Volframio, Seixo, Granito, Mercurio, Aceiro, Madeira e Zinc. Aprobáronse tamén os nomes das rúas que neste momento están sen denominación, en zonas como Mirón, A Revolta, Estación de Autobuses, Verdillo, ou As Labradas, e finalmente se incluirán no rueiro os nomes de Uxío Novoneyra, Manuel María e Moncho Valcarce.

Comezan os traballos na rúa Villa de Negreira

OBRAS

Comezan os traballos na rúa Villa de Negreira

Martes 31 de xaneiro do 2006

A rúa Villa de Negreira permanece desde as últimas horas pechada ao tráfico, logo de que a empresa Ponciano Nieto comezara a instalar a maquinaria na vía para comezar os traballos de mellora. Os conductores que utilizan esta rúa con asiduidade terán que buscar outra opción para cruzar a localidade. O concelleiro de Urbanismo, Manuel Andrade, ven de anunciar o comezo das obras, que se prolongarán por espazo duns seis meses. A concellaría de Urbanismo e a empresa adxudicataria barallan a opción de abrir a rúa durante as fins de semana.

A música será protagonista da oferta cultural do mes de febreiro

CULTURA

A música será protagonista da oferta cultural do mes de febreiro

Luns 30 de xaneiro do 2006

A música será a grande protagonista dos actos incluidos na programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo durante o mes de febreiro. O videiro venres, día 7, Carmen Dor abrirá o ciclo En feminino cun concerto co que esta cantante galega fará un percorrido polas cancións de distintos países que baña o océano Atlántico. Carmen Dor amosará un grande repertorio con moitos estilos, como a bossa nova, a samba, o fado, a canción galega ou a tradicional bretona.

A corporación municipal debate o Regulamento de Participación Cidadá

PLENO ORDINARIO

A corporación municipal debate o Regulamento de Participación Cidadá

Luns 30 de xaneiro do 2006

A aprobación inicial do Regulamento de Participación Cidadá será un dos asuntos a debatir na sesión plenaria ordinaria deste mes de xaneiro, a celebrar esta tarde noite de luns, a partir das 20,30 horas. O Regulamento inclúe, como principal novidade, a creación da figura do Conselleiro Parroquial e o Consello Parroquial, o órgano donde os veciños poderán participar da vida política da localidade.

Compartir: