Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello recibiu as bandeiras azuis para Razo e Pedra do Sal

LITORAL

O Concello recibiu as bandeiras azuis para Razo e Pedra do Sal

Martes 27 de xuño do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Praias e Socorrismo, Antonio Longueira, participaron en Sanxenxo do acto de entrega de bandeiras azuis para as praias galegas. O Concello de Carballo é distinguido este ano con dúas bandeiras azuis, para as praias de Pedra do Sal e Razo, cumprindo así cos criterios de legalidae, limpeza, e seguridade e contando, tamén, cunha xestión ambiental e información axeitadas. A Comunidade galega obtivo no 2006 un total de 109 bandeiras azuis, 11 máis que en 2005. Por provincias, a de A Coruña logrou un total de 45 bandeiras azuis, Lugo tivo 20 e Pontevedra 44.

Concedidas licenzas para a construcción de novos edificios en Carballo

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Concedidas licenzas para a construcción de novos edificios en Carballo

Luns 26 de xuño do 2006

A Xunta de Goberno Local procedeu á concesión, na xuntanza celebrada este luns, de catro licenzas de obra para outros tantos edificios en Carballo. A suma total das vivendas que albergarán os catro edificios é de 69. Trátase dun edificio na rúa Vila de Negreira, de 14 vivendas, outro na rúa Orquídeas, de 15 vivendas, otro na rúa Fábrica, de 20 vivendas, e outro na rúa Xílgaro, tamén de 20 vivendas.

Abertos os prazos de preinscrición na Escola Oficial de Idiomas

ENSINO

Abertos os prazos de preinscrición na Escola Oficial de Idiomas

Luns 26 de xuño do 2006

Este luns, 26 de xuño, ábrense os prazos de preinscrición na Escola Oficial de Idiomas de Carballo. Este ano, como novidade, ofrécense dúas linguas, 1º curso de francés e 1º, 2º e 3º curso de inglés. Os prazos de preinscrición para os alumnos que se matriculan en primeiro, por primeira vez, son do 26 de xuño ao 14 de xullo, no primeiro prazo, e do 1 ao 15 de setembro, no segundo prazo. Para os alumnos de 2º de inglés, as datas de matrícula son o 6 e 7 de xullo e para os de 3º de inglés o 3 e 4 de xullo.

‘Pereza’ pecha o ciclo de concertos do San Xoán

CULTURA

‘Pereza’ pecha o ciclo de concertos do San Xoán

Luns 26 de xuño do 2006

A Praza do Concello de Carballo é escenario, na noite de hoxe luns, do último dos concertos incluidos na programación das Festas do San Xoán. O grupo madrileño Pereza porá a nota musical na Praza do Concello, a partir das 23,00 horas, nunha xornada que conta con numerosos actos. Pereza ven de publicar o seu último album neste 2006, baixo o título de Los amigos de los animales. É o cuarto traballo desde a súa creación, logo de publicar en 2001 Pereza, no 2003 Algo para cantar e Animales no 2005.O dúo formado por Leiva -voz y baixo- e Rubén -guitarra e voz- fai escala en Carballo, no quinto concerto dunha xira iniciada hai pouco máis dunha semana e que rematará mediado o mes de outubro en Zaragoza.

O Concello recibirá o luns as bandeiras azuis para Razo e Pedra do Sal

LITORAL

O Concello recibirá o luns as bandeiras azuis para Razo e Pedra do Sal

Venres 23 de xuño do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Praias e Socorrismo, Antonio Longueira, acuden o luns, 26 de xuño, a Sanxenxo, a participar do acto de entrega de bandeiras azuis para as praias galegas. O acto estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e tamén participarán do mesmo o Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, o presidente de ADEAC, José Ramón Sánchez e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. O Concello de Carballo é distinguido este ano con dúas bandeiras azuis, para as praias de Pedra do Sal e Razo.

Lamatumbá ponlle música á noite de San Xoán

CULTURA

Lamatumbá ponlle música á noite de San Xoán

Venres 23 de xuño do 2006

O grupo Lamatumbá será o encargado de abrir, este venres 23 de xuño, os concertos do San Xoán. A formación ourensana ofrecerá o seu espectáculo Unha noite no muiño, logo de acadar moitos éxitos co seu traballo Lume (para que saia o sol), á explanada de Rego da Balsa, detrás da antiga estación de autobuses, a partir das 00,30 horas. Lamatumbá é unha das propostas máis frescas e irreverentes do actual panorama musical galego. Unha mestura orixinal de reggae, samba, rumba e rock que sorprende polo seu carácter propio. Dende 1998, ano do seu debut, o seu nome é sinónimo de festa alí por onde pasa. O seu disco Lume (para que saia o sol) é un traballo sincero e moi persoal que arrecende a mares tropicais e a rías galegas.

A mesa de contratación propón ao Pleno que declare deserto o concurso do aparcamento soterrado e reforma do mercado

URBANISMO

A mesa de contratación propón ao Pleno que declare deserto o concurso do aparcamento soterrado e reforma do mercado

Venres 23 de xuño do 2006

A mesa de contratación acordou, por unanimidade de todos os seus membros, propor ao Pleno que declare deserto o concurso de contratación da construción e explotación do aparcadoiro e do edificio comercial da Praza do Concello. A mesa de contratación reuniuse este venres, 23 de xuño, e adoptou a decisión por unanimidade logo de comprobar os informes que descartaban a viabilidade da oferta presentada por Surtiser para o proxecto do aparcamento soterrado e reforma do mercado.

O reforzamento dos taludes de Razo estará rematado en dúas semanas

LITORAL

O reforzamento dos taludes de Razo estará rematado en dúas semanas

Xoves 22 de xuño do 2006

A obra de consolidación dos teludes de Razo podería estar rematada nun prazo de quince días. Así se puxo de manifesto esta mañán, na visita que o Xefe de Demarcación de Costas, Rafael Eimil, fixo as praias de Razo e Baldaio co obxectivo de facer un seguimento ás obras de recuperación do sistema natural do litoral.

Freixeiro Mato defende o patrimonio local no pregón das festas do San Xoán

CULTURA

Freixeiro Mato defende o patrimonio local no pregón das festas do San Xoán

Xoves 22 de xuño do 2006

O profesor carballés, Xosé Ramón Freixeiro Mato, destacou a necesidade de preservar o patrimonio cultural e natural no pregón inaugural das festas do San Xoán. Freixeiro Mato ofreceu un discurso cheo de referencias literarias de autores galegos, ademáis de facer unha exaltación do propio durante media hora. Ao principio do pregón, Freixeiro congratulouse de que o Concello de Carballo fora "un dos concellos onde máis se fala galego, que non é unha opción lingüística senón un índice de calidade humana, de respecto aos nosos antergos, unha lingua que nos une e nos representa na nosa diversidade".

Os informes descartan a viabilidade da oferta presentada ao proxecto do aparcamento soterrado e reforma do mercado

URBANISMO

Os informes descartan a viabilidade da oferta presentada ao proxecto do aparcamento soterrado e reforma do mercado

Xoves 22 de xuño do 2006

O informe emitido polo Xefe do Servizo de Asistencia Económica a Municipios da Deputación da Coruña conclúe que a documentación presentada pola empresa Surtiser para licitar na obra do aparcamento soterrado e reforma do mercado de Carballo non pode ser admitida. O informe pon de manifesto que o licitador non pode ser admitido por falta de capacidade de obrar, falta de acreditación da solvencia económico-financieira, por non acreditar a solvencia técnica e non aportar a póliza de responsabilidade civil ao seu nome. Logo de recibir o informe, a mesa de contratación reunirase mañán venres, 23 de xuño, ás 13,00 horas, na Casa do Concello.

O Concello renova as áreas de xogos infantís nas escolas unitarias e colexios

SERVIZOS

O Concello renova as áreas de xogos infantís nas escolas unitarias e colexios

Mércores 21 de xuño do 2006

O Concello de Carballo, a través das concellarías de Ensino e Servizos, está a levar a cabo a renovación das áreas de xogos infantís nas escolas unitarias e colexios da localidade. Faino coa instalación, principalmente, de bambáns, nunha primeira actuación que terá continuidade coa dotacións de tobogáns e chinchóns.

Freixeiro Mato fará o pregón inaugural das festas do San Xoán

CULTURA

Freixeiro Mato fará o pregón inaugural das festas do San Xoán

Mércores 21 de xuño do 2006

O profesor carballés Xosé Ramón Freixeiro Mato será o encargado de facer o pregón inaugural das festas do San Xoán, este mercores 21 de xuño, a partir das 21.00 horas na Praza do Concello. As festas patronais de Carballo comezaron este mediodía coas bombas de palenque, que anunciaron o inicio dunha festa que se prolongará até o día 27 e que remetará o día 2 de xullo coa tradicional Festa do Bosque. No primeiro día de festa, a música é a principal protagonista.

Compartir: